Ola! Recordámosvos que o prazo para soliictar praza na - TopicsExpress



          

Ola! Recordámosvos que o prazo para soliictar praza na residencia o curso que vén está a rematar, faltan uns 10 días. Os que esteades na residencia facede mellor a solicitude de maneira telemática a través da páxina web da xunta: Tedes no ordenador de abaixo o lector de DNI electrónico. Os pasos que tendes que seguir son: 1. Introducir o DNIe no lector de tarxetas. 2. Acceder á paxina de sede.xunta.es no enlace que está no parágrafo anterior. 2. Pinchar en "Iniciar presentación electrónica na sede" 4. Cubrir o formulario prinicipal e ao rematar darlle a "PRESENTAR" 5. Aduxuntar os documentos que precisedes, en formato .PDF, .JPG ou similares. -Notas: sacade de seix.uvigo.es o extracto do expediente. Indicade que vos faltan algunhas notas e candoas teñades todas volvede a entregar ese papel. -Hai un anexo, anexo IV (tedes nun correo anterior todos os documetos) que tedes que imprimir para que vos firme a vosa familia, escanear e subilo neste paso. -O certificado de conviviencia, libro de familia, familia numerosa, renta... válevos a do ano pasado se non houbo cambios. Pedídella a administración (Enrique) e xa non tedes que entrear outros. 6. Nalgún momento vaivos pedir o contrasinal do DNIe, introducídeo. 7. Ao rematar vaivos pedir nunha ventana que asinedes (firmar) ao documentación que enviades, para que na Xunta quede constancia de que a documentación foi entregada pola persoa que dicides ser. Saúdos NOTA SOBRE O DNIe: -Se hai máis de 30 meses que o fixestes posiblemente teñades os certificados que leva o chip caduados. Se estades neste caso ou non vos acorda o contrasinal, achegádevos á oficina da Policia Nacional (en Vigo esta preto da residencia, na zona de praza da Indenpendencia), e hai unha máquinas onde introducides o DNIe, poñedes o dedo para que vos recoñeza a pegada e podedes actualizar o certificado (dávos un aviso de que está caducado) e cambiar o contrasinal.
Posted on: Fri, 05 Jul 2013 09:22:39 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015