«A intervención da secretaria xeral do SLG estivo centrada en - TopicsExpress



          

«A intervención da secretaria xeral do SLG estivo centrada en denunciar como está a sufrir o acaparamento de terras Galiza, onde dende hai décadas vemos como o noso territorio está a ser espoliado, paseniño, por industrias enerxéticas (parques eólicos, agrocarburantes, encoros) ou papeleiras (monocultivo de eucalipto). Pero o máis preocupante, agora mesmo, para Isabel Vilalba é o Plan Sectorial de Actividades Extractivas que pretende sacar adiante a Xunta no noso país. De ir para adiante este plan, “a actividade extractiva será prioritaria sobre calquera outra preexistente”. Neste senso, Vilalba ergueu a voz de alarma e advertiu que está en perigo unha parte moi importante do noso territorio, con proxectos contaminantes e destrutivos que farán inviable calquera outra actividade económica que se teña desenvolvido tradicionalmente ou que se estea a facer na actualidade nas terras afectadas, como a agricultura ou a gandería, e traendo para Galiza as consecuencias que antes viamos que están a padecer países comunitarios como Romanía.»
Posted on: Wed, 03 Jul 2013 11:12:13 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015