Ante noticias de que O hospital de Conxo, pese a ser é o - TopicsExpress



          

Ante noticias de que O hospital de Conxo, pese a ser é o hospital máis próximo ao lugar da accidente do tren e estar equipado cos recursos adecuados, mantivera súas unidades e quirófanos pechados, a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere manifestar que: 1.- Consideramos inaceptable que, habendo persoal sanitario cualificado convocado no centro esperando para recibir e atender ás vítimas, o Hospital non abrira as unidades pechadas. 2.- Resulta paradóxico que si se derivaran doentes a centros privados como La Rosaleda en Santiago ou o Hospital Dominguez de Pontevedra. 3.- Rexeitamos que as autoridades políticas e sanitarias digan que se empregaron todos os recursos públicos dispoñibles, mentres o Hospital de Conxo non recibirá a ningún ferido.. Isto mostra unha vez máis os resultados da política de pechar camas, unidades e quirófanos nos centros públicos e de apio ao sector privado, que se mantén incluso en unha situación tan dramática. Exiximos a Consellería de Sanidade que informe coa máxima claridade do dispositivo e os criterios seguidos para a atención e derivación dos feridos tratables e/o trasladables aos centros sanitarios e animamos aos grupos parlamentarios a que soliciten ao goberno información sobre ás consecuencias da política dos recortes públicos neste terrible accidente. Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
Posted on: Sat, 27 Jul 2013 18:12:04 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015