Chamo a semana pasada, concretamente o 20 de xuño, para facer - TopicsExpress



          

Chamo a semana pasada, concretamente o 20 de xuño, para facer unha denunica telefónica na policia local e solicitar un informe por algo que considero que é irregular e unha auténtica tomadura de pelo. Teño o expediente pedido con anterioridade mais aínda deben estalo buscando a pesares de que deberían termo dado xa. Voltas e máis voltas se de verdade existise a adminsitración electrónica e quedase rexistro de todo outro galo cantaría, agora papel vai, papel vén e datas van e veñen en fin... Identifícome, é dicir dou o meu nome e apelidos e advirto que non podo pasar polo concello a poñer a denunica por escrito nese momento mais que me gustaría que se actuase. Cóntolles cal é a situación, a iso das nove da mañán (máis ou menos). O venres paso póñome en contacto coa policia para saber se pasaron por alí e se fixeron o informe que o baixo a buscar. A persoa que me atende dime que non sabe que pregunta e dígolle que me chamen...nada...hoxe chamo e pregunto e dinme que o xefe da policia mandou que non se fixese nada coa miña solicitude que todo estaba ben. Eu se non o vexo non o creo. Pido que lle digan ao xefe da poli se pode chamarme e aclararme e por suposto sigo esperando. Así as cousas desta xente tan responsábel, imparcial e dilixente cos seus veciños e veciñas. Vergoñento!!! Que me queda que pensar?
Posted on: Wed, 26 Jun 2013 15:08:12 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015