Este último alabou o traballo dos alcaldes, aos que definíu - TopicsExpress



          

Este último alabou o traballo dos alcaldes, aos que definíu como a “base imprescindible do partido” e tamén Barreiro destacou o compromiso de Núñez Feijóo con Lugo e coa sanidade e lembrou que fixo dun “cascarón”, herdado do anterior bipartito, un dos mellores hospitai- O PP de Lugo reúne a unhas 3.000 persoas na súa tradicional pulpada Etiquetas: partidos, Lugo, PP 19/10/2013 - elprogreso.es (Lugo) Unhas tres mil persoas xuntáronse este sábado na tradicional pulpada que o PP de Lugo celebra no mes de outubro, un encontro que ateigou o pazo de feiras e congresos de Lugo. O presidente do PP galego e da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, falou sobre os Orzamentos da Xunta para 2014, que aprobou o seu goberno o venres. Incidiu en que o proxecto aposta polo equilibrio territorial, o que beneficia ás provincias de Lugo e Ourense. O presidente da Xunta engadiu que os que pretenden minimizar a leve melloría rexistrada na economía galega e española son os mesmos que agocharon durante demasiado tempo os primeiros síntomas da crise económica. Equivocáronse antes e vólvense equivocar agora, remachou. Ademais de Núñez Feijóo, no xantar estiveron, entre outros, o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez; o vicesecretario xeral do PPdeG, Agustín Hernández; a voceira do PP no Parlamento galego, Paula Prado; o presidente de honra do partido, Gerardo Fernández Albor, e a ministra de Fomento, Ana Pastor, ademais dos responsables local, Xaime Castiñeira, e provincial, Xosé Manuel Barreiro. Este último alabou o traballo dos alcaldes, aos que definíu como a “base imprescindible do partido” e tamén Barreiro destacou o compromiso de Núñez Feijóo con Lugo e coa sanidade e lembrou que fixo dun “cascarón”, herdado do anterior bipartito, un dos mellores hospitai-
Posted on: Sat, 19 Oct 2013 18:06:58 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015