Moi bo día a todas! Moi bo día a todos! EN TAL DÍA COMA HOXE - TopicsExpress



          

Moi bo día a todas! Moi bo día a todos! EN TAL DÍA COMA HOXE PERO DE... 1918 (18 de xullo), naceu Nelson Mandela. Nelson Rolihlahla Mandela, nado en Mvezo o 18 de xullo de 1918, foi presidente de Sudáfrica e un dos principais activistas contra do apartheid. Primeiros anos Fillo do xefe da tribo xhosa de Tembo, viviu na vila de Qunu os seus primeiros anos, aos sete anos, Rolihlahla Mandela foi o primeiro membro da súa familia en acudir á escola, onde un mestre metodista deulle o nome de Nelson. O seu pai morreu cando el tiña 10 anos e Nelson foi a unha escola misional wesleiana próxima ao pazo do rexente. Seguindo as tradicións xhosa foi iniciado aos 16 anos, e comezou o instituto, aprendendo sobre a cultura occidental, rematándoo en dous anos no canto dos tres habituais. En 1934 comeza os seus estudos universitarios na Universidade de Fort Hare, onde coñece a Oliver Tambo, no final do seu primeiro curso participa no boicot do consello dos estudantes contra da política universitaria sudafricana e ten que deixar a súa universidade para continuar os seus estudos por correspondencia na Universidade de Sudáfrica en Xohanesburgo ata que se pode matricular na Universidade de Witwatersrand. Actividade política Como estudante, Mandela participa na oposición política ao goberno da minoría branca que negaba os dereitos políticos, sociais e económicos da maioría negra de Sudáfrica. En 1942 ingresa no Congreso Nacional Africano (African National Congress), en 1944 funda xunto a Walter Sisulu e Oliver Tambo as súas mocidades. Despois da vitoria en 1948 do Partido Nacional (National Party ou Nasionale Party) e a institucionalización da súa política de apartheid e segregación racial, Mandela entrou na executiva en 1949 do CNA e foi un dos líderes da campaña de desobediencia social do Congreso Nacional Africano de 1952 que consistía en violar en lugares e ocasións concretas as restricións que impuña o apartheid, pero diante os arrestos masivos abandónase esta política, no Congreso Popular de 1955, adóptase a Carta da Liberdade, programa fundamental da causa antiaparteheid. O 5 de decembro de 1956 el e outros 150 activistas antiapartheid foron detidos acusados de alta traizón, non foi liberado ata 1961, por falta de probas. Mandela acepta a loita armada despois da Masacre de Shaperville (marzo de 1960) na que a policía surafricana disparou contra de manifestantes desarmados, matando 69 persoas e ferindo outras 180. A aceptación da actividade armada seguiulle a prohibición do CNA e outros grupos antiapartheid polo goberno surafricano. Na cadea En 1961 converteuse en comandante da organización armada do CNA, Umkhonto we Sizwe. Coordinou a campaña de sabotaxe contra obxectivos militares, gobernamentais e civís e fixo plans para organizar unha posible guerra de guerrillas se a campaña de sabotaxes fracasaba para rematar co apartheid. Arrestado o 5 de agosto de 1962, o 25 de outubro foi condenado a cinco anos de prisión. Mentres Mandela permanecía en prisión, a policía arrestou a prominente líderes do CNA ( Ahmed Kathrada, Walter Sisulu, Govan Mbeki, Andrew Mlangeni, Raymond Mhlaba, Elias Motsoaledi, Walter Mkwayi, Arthur Goldreich, Dennis Goldberg ou Lionel "Rusty) o 11 de xullo de 1963 enLiliesleaf Farm, Rivonia. No xuízo todos, agás Rusty Bernstein foron condeados a cadea perpetua o 12 de xuño de 1964 (Walter Mkwayi e Arthur Goldreich fuxiran durante o xuízo). Durante os seguintes 36 anos, Mandela convetiuse no símbolo da oposición ao apartheid, ata o punto que o lema, Liberdade para Nelson Mandela (Free Nelson Mandela) converteuse nun berro para todas as campañas anti-apartheid do mundo. Mandela rexeitou a súa liberación a cambio de renunciar á loita armada, e permaneceu en prisión ata o 11 de febreiro de 1990 por orde de F.W. de Klerk, presidente de Sudáfrica atendendo ás presións internacionais, ao tempo que puña fin á prohibición do CNA. En 1993 Madela e de Klerk recibiron o Premio Nobel da Paz. Presidencia do CNA e de Sudáfrica Como presidente do Congreso Nacional Africano (xullo de 1991 - decembro 1997), Mandela concorreu ás eleccións para a presidencia de Sudáfrica, por ampla maioría converteuse o primeiro presidente negro do país (maio de 1994). Mandela presidiu o desmantelamento definitivo das institucións do apartheid, e gañou o respecto internacional pola súa política de reconciliación, malia iso non foi capaz de facer fronte ao problema da sida e foi criticado pola súa amizade con líderes como Fidel Castro ou Moammar Al Gadhafi ou por enviar tropas sudafricanas para evitar un golpe de estado en Lesotho en 1998. Retirada da política En xuño de 1999 ao finalizar o seu mandato como presidente, Mandela virou a súa actividade cara accións sociais e de defensa dos dereitos humanos, recibindo numerosas condecoracións e premios. En 2003 atacou a política exterior de George W. Bush, en especial a súa actitude cara Iraq. En xuño de 2004, Mandela anunciou a súa retirada da vida pública. En novembro de 2009, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas acordou proclama-lo 18 de xullo como o Día Internacional de Nelson Mandela, en recoñecemento da súa contribución á cultura da paz e da liberdade.
Posted on: Thu, 18 Jul 2013 05:47:20 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015