O BNG pídelle ao alcalde de Barreiros explicacións sobre un - TopicsExpress



          

O BNG pídelle ao alcalde de Barreiros explicacións sobre un presunto delito de empadroamento producido no Concello 13-09-13 Barreiros, a 13 de setembro de 2013. Á vista da noticia saída nos medios sobre unha petición do fiscal, en xuízo celebrado en Lugo, de 6 anos de prisión para dúas persoas ás que se acusa de intentar empadroar en San Cosme de Barreiros a unha anciá discapacitada que estaba nun asilo de Lugo, o grupo municipal do BNG de Barreiros esixe ao Alcalde, Alfonso Fuente Parga, unha inmediata aclaración ao respecto. Segundo os nacionalistas, era pública e notoria a estreita relación entre os acusados e o Alcalde. Esta relación derivábase da actividade profesional que durante os anos do boom urbanístico levaban a cabo as persoas acusadas, xa que se adicaban á compra de terreos para promocións urbanísticas. Ademais, M. C. F. M., veciña de Barreiros en cuxo domicilio se empadroou a anciá discapacitada, presidiu a plataforma Bítere desde a súa creación, actuando desde o inicio como defensores a ultranza da desastrosa política urbanística de Alfonso Fuente e o PP en Barreiros. A vinculación do acusado M. J .L. V. co Alcalde de Barreiros tamén se deriva da contratación por parte da entidade municipal de diversas obras e servizos a empresas nas que o acusado ten participación. A maiores, no xuízo celebrado onte en Lugo a defensa dos acusados estaba representada polo Letrado Luís Rego Valcárcel que ten actuado como avogado defensor do Concello de Barreiros en numerosos procedementos, chegando incluso a ser contratado por unha contía anual de 18.000 euros máis IVE. O BNG pide explicacións do Alcalde O grupo municipal do BNG esixe do Alcalde de Barreiros unha aclaración ao respecto destes feitos; debido a que el é a persoa que asina as altas de empadroamento e o máximo responsable dos servizos nos que presuntamente se produciron os feitos delitivos: o rexistro municipal no que se presentaron os documentos e o propio servizo de padrón municipal. Neste sentido, o BNG tamén pedirá que se revise o procedemento seguido no servizo de padrón municipal durante eses anos.
Posted on: Fri, 13 Sep 2013 21:29:33 +0000

Trending Topics



30px;">
LOS SIMPSON Muerte de Bart. El episodio comenzaba como
PENIS ENLARGING CREAMS AND HERBS Dear Dr Jay Jay and

Recently Viewed Topics




© 2015