O BNG reclama que o Concello asuma o pago dos medicamentos dos - TopicsExpress



          

O BNG reclama que o Concello asuma o pago dos medicamentos dos doentes crónicos ante o abandono dos gobernos do PP no Estado e na Xunta Xornal de Galicia | Martes, 08 Octubre, 2013 - 07:11 "O obxectivo é que ningún veciño ou veciña quede sen o tratamento e vexa gravemente comprometida a súa vida por unha cuestión de cartos Betanzos, 8 de outubro de 2013. O BNG reclamou ao goberno local do PSOE que asuma o repago dos medicamentos para doentes crónicos. Está moi ben que o PSOE presente unha moción o mes pasado para instar o Ministerio a dar marcha atrás no copago, pero o alcalde e o goberno do PSOE deben pasar das palabras aos feitos, indicou o portavoz do BNG, Henrique del Río. Os nacionalistas exixen ao executivo do PSOE que tome nota de como defenden á súa veciñanza os gobernos de Riotorto, Vimianzo e Monforte. "Un alcalde está para algo máis que bachear camiños e pór farolas, asegura Del Río, que urxe ao goberno local do PSOE a "evitar as irreparábeis consecuencias dunha política inxusta e discriminatoria aprobada polo goberno do PP no estado. A medida reclamada polos nacionalistas implicaría que Betanzos faga fronte ao custe dos tratamentos de leucemia, cancro de mama e de ril, tumores cerebrais, hepatite C e doutras patoloxías atinxidas polo re-pagamento farmacéutico de dispensación hospitalaria. Se se pagaban os medicamentos para os emigrantes betanceiros en Arxentina, non hai excusa para abandonar á súa sorte á veciñanza, indican. "O obxectivo é que ningún veciño ou veciña quede sen o tratamento e vexa gravemente comprometida a súa vida por unha cuestión de cartos, explica o voceiro do BNG. Se o Goberno central non está disposto a derrogar dita resolución discriminatoria, inxusta e que ataca dereitos básicos do pobo, e a Xunta de Galiza segue na súa teima de aceptar esta política austericida e que entre en vigor a finais de ano, Betanzos ten a obriga moral de garantir o acceso dos nosos veciños e veciñas aos servizos sanitarios", sentenciou. O voceiro do Bloque lamentou que as decisións que o Partido Popular está aprobando en materia sanitaria vaian máis aló de consideracións ideolóxicas e sobrepasen a fronteira da ética e da moral". Denuncian que o obxectivo final deste tipo de medidas é "facer da sanidade pública un artículo de luxo digno só para os petos máis privilexiados". O goberno do PSOE non debera ter ningún tipo de excusa para levar adiante esta medida tendo presente que un alcalde dese partido xa a tomou en Pedrafita, ironiza o edil do BNG. A cuestión é que o PSOE betanceiro terá que decidir se está do lado da veciñanza ou se no Pleno fixo xogos florais pero á hora da verdade está conforme co austericidio de Rajoy e Feijóo, conclúe
Posted on: Tue, 08 Oct 2013 18:27:59 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015