O SALON GARCIA DE VILAGARCIA REINAUGURASE ESTA NOITE CON - TopicsExpress



          

O SALON GARCIA DE VILAGARCIA REINAUGURASE ESTA NOITE CON ESPECTACULOS LOCAIS. O Salón García levanta de novo o telón ás 21:00 de hoxe para iniciar unha nova era na súa xa longa historia. Completamente rehabilitada, a sala inaugurada en 188 hai xa 130 anos, comeza unha nova andaina conservando todo o seu esplendor. A programación a desenvolver duran te toda a fin de semana para celebrar a reapertura do salón comeza hoxe cunha sesión inaugural á que asistirán asociacións culturais, veciñais, autoridades e medios de comunicación e na que o espectáculo será integramente local. O sábado e o domingo haberá actividades para o público en xeral. O espectáculo deseñado para o acto de inauguración lembra a época dourada da centenaria sala pero tamén inclúe actuacións máis actuais. Cine mudo amenizado con piano, ragtime, pop e rock pasarán polo emblemático escenario da man de grupos locais seguindo o estilo varietés polo que se caracterizou sempre o Salón García. Intervirán na función o pianista Juan Carlos Porto, o día Gramola, o quinteto Chalumiaux e o grupo Seangles. E Tamén será un artista da vila, Josito Porto, o que conducirá a función que se abrirá c un documental sobre a historia da sala. Acomodador e cigarreiras contribuirán a ambientar aínda máis a inauguración. Teatro e cine para a fin de semana Este guiño ao pasado esplendoroso do Salón García que se pretende recuperar a partir de agora tamén se manterá na sesión do sábado, 16 de novembro, aberta a todo o público previa retirada de invitación. Volverá a proxectarse o documental sobre a sala e haberá diferentes representacións teatrais de duración curta a cargo dos grupos locais Trípode, O Noso Lar e Clámide. Tamén haberá espectáculo de cabaret a cargo de Nydia, unha actuación cómico musical protagonizada por Gaspar González e Josito Porto e a proxección dunha cinta de cine mudo amenizada por pianista. O acto conducirao outro showman de Vilagarcía, o coñecido actor Tacho González que tamén protagonizará un animad o combate musical co seu irmán Gaspar. O domingo a actividade no Salón García será dobre. Pola mañá celebrarase unha sesión vermú específica para asociacións, grupos e produtores culturais con obxectivo de que coñezan as instalacións e vexas as súas posibilidades de cara á programación de eventos e actos culturais de diverso tipo. Realizarase unha visita técnica ás dependencias do salón, haberá un concerto da Banda de Música e finalizará o acto un aperitivo no vestíbulo do salón. O público en xeral poderá pasar unha tarde de cine o domingo no Salón García onde está programada unha sesión continúa co pase de dúas películas. A sesión infantil comezará ás 17:00 horas coa proxección do clásico animado de Disney El Libro de la Selva, e as 19:00 horas será a sesión para todos os públicos que comezará coa proxección do documental sobre o Salón García e a continuación pasarase The Artist, a película muda francesa rodada en branco e negro gañadora dun Óscar en 2012. A entrada será de balde, previa retirada de invitacións e ata completar aforo. Reparto das últimas invitacións, o venres no Concello Os actos dirixidos so público en xeral son de carácter gratuíto. As invitacións para poder asistir aos mesmos empezáronse a distribuír o mércores e aínda se poderán retirar ao longo da xornada de mañá, venres, na oficina de Protocolo do Concello entre as 10 e as 14.00 horas. Se aínda quedasen prazas libres, as entradas repartiranse na propia Casa de Cultura antes do inicio de cada espectáculo ou proxección.
Posted on: Fri, 15 Nov 2013 11:26:20 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015