O hospital de Conxo é o hospital máis próximo ao lugar da - TopicsExpress



          

O hospital de Conxo é o hospital máis próximo ao lugar da accidente. O hospital aínda que non ten servizo de urxencias está equipado cos mellores materiais e reformado dende hai pouco, pero 5 unidades e os quirófanos están pechados, por mor dos recortes. Había persoal profesional moi cualificado convocado no centro esperando para recibir ás vítimas. Sen embargo, a xerencia do complexo non quixo abrir as unidades pechadas, nin montar dispositivo algún no centro, pero si derivaron doentes para o Policlínico La Rosaleda (un centro privado). Politicos e Xerente colgándose medallas dicindo que se empregaron todos os recursos e camas e os hospitais funcionando ao completo. MENTIRA. O Hospital de CONXO, practicamente pegado á via do tren, non recibiu a ninguén. Camas pechadas, unidades enteiras e quirófanos pechados ... o persoal totalmente impotente e frustrado. E os políticos BOTÁNDOSE FLORES e dicindo mentiras!!! Faino correr por favor.
Posted on: Thu, 25 Jul 2013 22:48:32 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015