O lume deixa unhas consecuencias no solo máis difíciles de - TopicsExpress



          

O lume deixa unhas consecuencias no solo máis difíciles de apreciar a simple vista que os efectos nas árbores queimadas. O solo non é unha masa morta que aguante calquera cousa sen sufrir as consecuencias. O solo, cando é fértil, está vivo no sentido de que está cheo de seres vivos, animais, vexetais e fungos que achegan fertilidade ao terreo transformando os nutrientes e esponxando o terreo, actividades que resultan moi beneficiosas para outros seres máis grandes e máis visibles para nós. A tremenda calor dos incendios mátaos a todos, que, ademais de deixaren de servir de alimento a outros animais maiores, deixan de cumprir o seu labor de creación de solo fértil de que son elementos fundamentais. Queda entón unha terra estéril que, ademais de perder fertilidade, é máis vulnerable á erosión. Estes animais son moi lentos recolonizando o terreo, polo que a súa perda produce efectos a longo prazo. A fauna “visible” tamén sofre moito. Non só os animais que morren son vítimas dos lumes; a destrución do monte implica que os sobreviventes teñan que buscar sustento noutros lugares, introducíndose en zonas agrícolas e chegando a danar a agricultura e a gandaría. Queimar o monte para defenderse do xabaril, do corzo ou do lobo é contraproducente, non só porque eles poden escapar das lapas mentres outros animais morren nelas, senón porque o mellor control sobre estes animais é un monte san e diverso.
Posted on: Sat, 31 Aug 2013 11:51:15 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015