Sempre fuches linda e aprendiches finxir ben, moi ben! Sempre - TopicsExpress



          

Sempre fuches linda e aprendiches finxir ben, moi ben! Sempre fuches forte e conseguiches que un golpe se convertira nun despiste! Sempre fuches libre e convenciches aos teus de que esa liberdade non podía ser libertiñaxe! Sempre fuches alegre e deches coa fórmula de chorar sorrindo cando che facían dano. Tamén aprendiches a desculpalo! Sempre fuches respetuosa e comezaches a faltarte ao respeto o día que te anularon por primeira vez e por ( mala) educación non respondiches nada! Sempre fuches compañeira pero non te decatabas de que os “acompañantes” non te acompañaban, só te posuían! Sempre confiaches nos teus até que esa confianza primou por encima da confianza en ti mesma! Sempre quixeches axudar até que esa axuda se convertiu na túa autodestrucción! Es todo o que fuches, as marcas xa só son marcas de vida porque atopaches a trampa: Sentiches nas costas as feridas do patriarcado Agora colle aire, érguete e loita porque serás para sempre libre, linda e louca!!!
Posted on: Wed, 18 Sep 2013 09:38:34 +0000

Trending Topics



eight:30px;"> FOR RENT! 231 TR, KLCC SERVICED SUITE CONDOMINIUM Rental :

Recently Viewed Topics




© 2015