Supoño que para algúns a sentencia do #Prestige é sorprendente. - TopicsExpress



          

Supoño que para algúns a sentencia do #Prestige é sorprendente. Para min non. Neste país a lexislación ambiental é de obrigado INcumprimento. Eu aínda non coñezo ningunha sentencia na que se condene a alguén por un delito ambiental. Rétovos a atopar unha. Está claro qué o medio ambiente é pouco importante para moita xente, e eu que me considero ecoloxista podo chegar a entendelo. Igual que entendo que haxa xente que renuncie á tecnoloxía, por ser cousa do demo, ou que non vacuna aos seus fillos por é vontade divina, pero os datos están aí. A natureza non pode con todo. A extinción de especies é cada vez máis rápida, a calidade do aire e da auga é cada vez peor, e non é casualidade ou unha evolución natural. O Prestige non ten consecuencias para os políticos, nin para os técnicos, pero sin embargo si que os tivo para os ecosistemas mariños de Galiza, Portugal, España e Francia. Algunhas publicacións científicas así o certifican, aínda que na maioría dos casos a afección é difícilmente cuantificable ou imposible de cuantificar pola falta de datos anteriores á catástrofe. Conecuencias difíciles de poñerlle tamaño pero obvias e palpables, polo menos nos primeiros anos. A baixa producción de especies comerciais eses primeiros anos así o certifica. E houbo máis consecuencias, pero científicamente difíciles de demostrar, pola gran falta de coñecemento que nestes días ainda temos sobre os nosos ecosistemas. Supoño que se non se coñecen é máis difícil defendelos. Once anos despois, os tribunais dinnos a tod@s que o Prestige foi unha broma pesada que nos gastou a casualidade e que a mala xestión política e técnica non tivo nada que ver en que a o fuel dun barco de desguace probocase unha marea negra ate agora é a que máis kilómetros de costa afectou da historia e a mais prolongada no tempo (aínda segue o pecio a perder fuel). Pero sobre todo o que ven a dicir esta sentencia é que o que contamina non paga, ou aínda pero ti contamina que xa pagaremos todos. Vergoña e tristura eso é o que sinto tras esa sentencia.
Posted on: Wed, 13 Nov 2013 20:49:05 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015