Tres nenas saharauis pasan o verán en Ribadeo Esta mañá tivo - TopicsExpress



          

Tres nenas saharauis pasan o verán en Ribadeo Esta mañá tivo lugar no salón de plenos do Concello a recepción ás tres nenas saharauis que pasarán o verán con outras tantas familias de Ribadeo, en concreto nas parroquias de A Devesa, Ove e Vilaselán. O acto foi presidido pola concelleira de Servizos Sociais, Teresa González Piñeiroa, e polo alcalde, Fernando Suárez. Fatma, Mimi e Sultana chegaron hai uns días a Ribadeo e aquí estarán ata finais do vindeiro mes de agosto. A edil nacionalista sinalou que “viñeron a través do programa Vacacións en paz, que leva adiante a asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui. O que facemos desde o Concello é custear a viaxe destas nenas”. Teresa González Piñeiroa animou “ás familias ribadenses a acoller nos vindeiros anos a máis nenos e nenas saharauis. Hai más de 17.000 que están agardando por familias acolledoras para poder disfrutar destes meses entre nós”.
Posted on: Mon, 15 Jul 2013 17:54:24 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015