A Axencia Galega de Innovación organiza a Xornada "Gain Informa: - TopicsExpress



          

A Axencia Galega de Innovación organiza a Xornada "Gain Informa: PROGRAMAS DE APOIO AS PEMES MEDIANTE O FOMENTO DA COOPERACIÓN PÚBLICO-PRIVADA" que se celebrará en Santiago de Compostela o próximo día 17 de setembro na sede da Confederación de Empresarios de Galicia (Rúa do Vilar, 54) e que será inaugurada polo Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde. Novas convocatorias O obxectivo deste evento é informar sobre as novas convocatorias, tanto a convocatoria CONECTA PEMES, publicada o día 5 de setembro no Diario Oficial de Galicia, como a convocatoria de BONOS DE INNOVACIÓN que se publicará en vindeiras datas. A xornada terá un carácter eminentemente práctico e articularase a través de exemplos. Reunións bilaterais Durante a xornada terá a posibilidade de manter unha reunión bilateral con persoal da Axencia Galega de Innovación para resolver as poibles dúbidas que poidera ter. Se está interesado, deberá indicalo no formulario de inscrición online e enviar cuberta a ficha de proxecto antes do día 15 de setembro. Datos da Xornada Día: 17 de setembro Hora: 10:30h Lugar: Confederación de Empresarios de Galicia, Rúa do Vilar, 54, C.P. 15705, Santiago de Compostela Inscricións no seguinte enlace: fundacioncalidade.org/InstrumentosApoioEmpresas-Santiago/inscricion.html
Posted on: Wed, 11 Sep 2013 07:08:27 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015