AULAS DE ÁRABE 2013 EN SANTIAGO DE COMPOSTELA Poñémonos de - TopicsExpress



          

AULAS DE ÁRABE 2013 EN SANTIAGO DE COMPOSTELA Poñémonos de novo en contacto con vós para informarvos do comezo das nosas aulas de árabe para o mes de outubro. Este ano contamos felizmente con moitas novidades.Ampliamos a oferta a dóus grupos que se organizan segundo o nivel dos alumnos: Árabe inciación: Xoves de 20 - 21.30 horas Centro Sociocultural Fontiñas Árabe Avanzado: Martes de 20. 21.30 horas Centro Sociocultural de Vite E temos tamén nova profesora, Samar Sabat, chegada a Compostela desde Palestina. Samar, ademais de ser galego falante, coñece moi ben tamén o castelán, inglés e francés. É Licenciada en Lingua e Literatura, ten varios máster en filosofía, fotografía, xornalismo, avaliación comprensiva, ensinanza dinámica e enfoques de aprendizaxe e educación especial: dificuldades de aprendizaxe, cursados tanto na Universidade de Belén como na de Compostela. Ademáis é co-traductora do primeiro libro de Mahmud Darwish ao galego, Carné de Identidade, publicado con Barbantesa e ten experiencia na docencia de linguas. armandorequeixo.blogaliza.org/tag/samar-sabat/ farodevigo.es/sociedad-cultura/2012/07/02/filologo-vigues-acerca-palestina-galicia-mano-poeta-darwix/661722.html A respecto do prezo das aulas, como sabedes desde Jenin, seguimos na mesma liña do ano pasado, realizando un curso moi económico para todos, pero sen esquecer o esforzo do profesoer que imparta as aulas. Dependendo do número de alumnos tentaremos, de novo que o importe estea entre os 20 e os 30 euros ao mes. Sen máis, só convidarvos a unirvos a este novo curso. Podedes facer as incripcións a través do mail da Asociación JENIN mandando os vosos datos (nome completo, email e telefone) a: asociaciongalaicoarabe.jenin@gmail Tamén animámosvos a facer divulgación das aulas e deste mail, por se coñecedes algunha persoa á que lle poida interesar esta actividade!! Sen máis, saúdos a todo/as!!! Najla Shami Secretaria e Relacións Interiores Asociación Galaico Árabe Jenin Rúa Alfredo Brañas, 5 15701, Santiago de Compostela
Posted on: Sun, 22 Sep 2013 12:37:55 +0000

Trending Topics



tarde amigos. No dia 6 de abril encaminhei ao ex-comandante
Remembrance Day :-) I SAW THE SOLDIERS MARCHING I saw
Ive missed him for 23 years now. Copied this because it says it
Y Si Te Doy Un Besito ha escrito: Hola. (Está enojada) Holaa.
[ ราคาพิเศษ 108,000 บาท
This rant is for those stuck in a rut be it...mental, physically,
2013 na! Marami sa atin ang naghahanap pa rin ng pagkakakitaan.
Steamer Without Bottom, 22 Dia. X 21 Height, Aluminum TKWPEC7

Recently Viewed Topics




© 2015