( Acta das II xornadas de literatura oral.) O mito que fascina: Do - TopicsExpress



          

( Acta das II xornadas de literatura oral.) O mito que fascina: Do Lobo ao Lobishome. O medo que inspira o Lobo nas sociedades tradicionais provocou que en moitísimas linguas a simple mención do seu nome fose un acto tabú ou prohibido e que se substituíse por denominacións de marcado carácter expresivo,que intentaban conxurar o perigo que supuña chamar o animal polo seu nome verdadeiro. Na mentalidade popular , o nome e a cousa nomeada teñen unha relación moi íntima e , de feito , o nome forma parte do animal e do risco a el inherente. O profesor Alonso Montero reuniu preto de oitenta denominacións que os campesiños galegos reservan para o Lobo e evitar así chamalo polo seu verdadeiro nome. Alguhas delas son : O amigo, o aquel, o boca grande, o compadre, o da boca sangrada, o das orellas guichas, o fillo do demo, o gitano, o guedellán, o merdán do monte, o peludo, o que come as ovellas, o tío Xan, o tragón........¿ Cales coñecedes vós ?.
Posted on: Thu, 24 Oct 2013 10:26:03 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015