Empeza a xira: este xoves, presentación na Coruña de Galiza Ano - TopicsExpress



          

Empeza a xira: este xoves, presentación na Coruña de Galiza Ano Cero Queremos que coñezas mellor en que consiste Galiza Ano Cero, o que queremos facer e como temos pensado intentalo. Pero sobre todo queremos escoitar, debater e aprender. Entre todxs. Por iso saímos de xira. Para vernos e falar e construír mellor isto que xa está a recibir o apoio de moita xente. Este xoves comezamos na Coruña, pero tamén temos pensado visitar outros lugares. De feito, tamén nos podes propoñer outras paradas na ruta. Se queres que a xente de Galiza Ano Cero se achegue á túa vila, ao local da túa asociación, ao teu centro social, onde queiras, escríbenos a [email protected] e faremos o imposíbel por ir até alí. En calquera caso, lembra que isto é unha televisión para a internet, así que esteas onde esteas poderás seguir todo o que se diga e faga nestes actos a través de streaming nesta mesma páxina web. Se che cae a man, vén este xoves 6 de xuño ás 20.30 horas á Casa da Fariña, o local da cooperativa galega Hábitat Social no número 6 da Praza de Azcárraga, e participa na primeira presentación pública de Galiza Ano Cero. Anímate! galizaanocero.tv/blog/empeza-xira-este-xoves-presentacion-na-coruna
Posted on: Thu, 06 Jun 2013 09:28:36 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015