O CAMBIO CLIMATICO ¡¡¡¡¡ O Valadouro por riba de - TopicsExpress



          

O CAMBIO CLIMATICO ¡¡¡¡¡ O Valadouro por riba de todo 08-06-13 José Manuel Lamela.- Quero aproveitar a oportunidade para dirixirme aos lectores e, moi especialmente aos veciños do Valadouro e insistir no agradecemento sincero a todos eles pola oportunidade que tiven durante estes dous últimos anos de ser o seu alcalde. O seu apoio nas urnas fixeron da candidatura do PP, da que son cabeza de lista, a forza política máis votada. Deben saber que ademais dunha intensa honra –quizá a máis grande que un político pode ter, ser o rexedor do seu municipio de nacemento– intentei desenvolver a responsabilidade de alcalde con absoluta dedicación, con entrega incondicional, moitas veces quitándolle tempo a miña familia. E deixo de ser alcalde coa satisfacción do deber feito, e coa confianza de que o estaba facer para legar un Valadouro mellor. Eu respecto o xogo de maiorías e asumo a miña próxima responsabilidade liderando unha oposición que non dará tregua, pero que será leal, e que ante todo respecta e asume os principios básicos dunha democracia, que quizá puido verse empañada por pactos alleos á política e condicionamentos de tipo económico que non deixaremos de cuestionar. Para min, e para os meus compañeiros de partido, aos que tamén quero dar as gracias polo seu apoio, e aos que emprazo a seguir traballando por este concello, o Valadouro sempre foi o primeiro. A razón pola que loitar cada día, o motivo que me levou a comprometerme politicamente e petar na porta das distintas administracións na procura do mellor para os meus veciños. O novo bipartito recibe un concello saneado, na súa economía e con moitos proxectos que viron a luz. Herdan 360.000€ de remanente de Tesouraría e 150.000€ de superávit. A día de hoxe o nivel de endebedamento municipal é cero, non hai créditos ou débedas pendentes e todas as facturas se pagan aos 30 días. Nestes dous anos promovemos obras como a pista de andadura, a segunda fase do saneamento na parroquia de Moucide -que xa ten cerrada unha terceira fase- ou a remodelación da praza Triana. Queda, só pendente da aprobación final do pleno, o impulso ao noso polígono industrial. Toca poñer un punto e seguido. Coa esperanza posta no futuro, onde seguiremos traballando e dando a cara por Valadouro. E onde esperamos volver a ter a confianza dos veciños. Que ningún teña dúbidas: este concello é o primeiro e está por riba de persoas, ou pactos. O Valadouro por riba de todo. José Manuel Lamela Ex-alcalde do Valadouro
Posted on: Sat, 08 Jun 2013 11:26:51 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015