O Concello de Valdoviño ven de firmar no día de onte, 5 de - TopicsExpress



          

O Concello de Valdoviño ven de firmar no día de onte, 5 de agosto de 2013, o Contrato Administrativo de Prestación do Servicio de Asesoría en Mercado de Electricidade e Facturación do concello de Valdoviño. Por medio desta Asesoría no mercado da Electricidade dende o Concello agardamos conquerir un aforro anual que como mínimo ronde os VINTE MIL EUROS (20.000,00 €). Os traballos que levará a cabo a empresa contratada serán os seguintes: 1- Comprobación e xestión da facturación mensual e detección de erros. 2- Adecuación das potencias contratadas ás consumidas, comprobando os excesos e os defectos actuais. 3- Corrección de enerxías reactivas con criterios de rentabilidade e control da evolución do factor de potencia e cargo por reactiva. 4- Corrección de distribucións de consumo en alumeado público. 5- Paso a mercado dos suministros en tarifa TUR (menos de 10 kW) si fose recomendable. 6- Detección de suministros sin consumo e baixas si procede. 7- Asesoramento na contratación de novos suministros. 8- Intermediación ante as compañías eléctricas en defensa dos intereses do Concello. 9- Asesoramiento en tasas locais que deben ser fonte de importantes ingresos. 10- Unificación de cadros eléctricos si fose recomendable. E evidente que a día de hoxe hai marxes de aforro moi importantes nos servicios de enerxía eléctrica que poden axudar en gran medida nos procesos de recortes presupuestarios de gastos correntes que estamos sufrindo os municipios nos últimos tiempos. A previsión de aforro a alcanzar é de VINTE MIL EUROS (20.000,00 €) anuais, ainda que a experiencia noutros Concellos indica que o final o aforro multiplícase de 1,3 a 1,7 do inicialmente previsto. Polas contas feitas nun plazo de dez anos o aforro podería ser polo menos do orde de TRESCENTOS MIL EUROS (300.000,00 €) na próxima década para o Concello de Valdoviño. O prazo de execución deste contrato será de doce meses naturais e rematará en agosto de 2014.
Posted on: Wed, 07 Aug 2013 13:56:00 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015