O Monte Pindo é unha inmensa mole de granito rosa cuxo cumio - TopicsExpress



          

O Monte Pindo é unha inmensa mole de granito rosa cuxo cumio (chamado A Moa) acada os 627 metros de altura. Atopa os seus complementos ideais na praia de Carnota, a máis longa de Galiza e cuxa aparencia muda constantemente, e na espectacularidade da fervenza do Xallas no Ézaro, único lugar de Europa onde un río cae en fervenza directamente sobre as augas do océano, espectáculo agora raramente observábel por mor do encoramento das augas do río Xallas en Dumbría. A difícil accesibilidade do Monte Pindo gardou virxe durante séculos o maior tesouro ao que calquera lenda puidera terse referido: un conxunto natural único, un auténtico edén de especimes naturais raramente visíbeis en ningunha outra parte do mundo. A xoia desta coroa é o carballo anano (Quercus lusitanica), especie distribuída polo sur da Península Ibérica e o norte de Marrocos que ten no Pindo o seu único asentamento en territorio galego. A especie atópase catalogada como vulnerable no catálogo galego de especies ameazadas en Galicia, xa que distribúese por un pequeno asentamento dun só quilómetro cadrado de superficie.[2] No Pindo atópanse varios exemplares desta especie, declarada en alto risco de extinción, e que coexistiu con outros carballos como os Quercus robur e Quercus pyrenaica, con piñeiros coma o Pinus pinaster, Pinus radiata e Pinus sylvestris, e mais con loureiros (Laurus nobilis), acivros (Ilex aquifolium)... e con outras moitas especies de altísimo valor ecolóxico.
Posted on: Mon, 08 Jul 2013 08:43:55 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015