O PSOE de Burela interésase pola situación da enerxía solar - TopicsExpress



          

O PSOE de Burela interésase pola situación da enerxía solar fotovoltaica 21-06-13 No mandato do anterior goberno municipal de Burela, aló polo ano 2011. Conseguiuse, gracias ás xestións do equipo de goberno, unha obra cunha inversión de 110.511 euros do Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local (FEESL), que consistía na colocación tanto na cuberta do pavillón de deportes Vista Alegre como nas instalacións do campo de fútbol da Marosa de placas de enerxía solar fotovoltaica que deberían de servir tanto para dar alumeado, no caso do pavillón Vista Alegre, como para poder quentar a auga destas instalacións, o que lle suporía un aforro importante ós veciños e veciñas de Burela. A idea era que ademais de facer o subministro destas instalacións poder vender electricidade á rede eléctrica, que está obrigada a comprala, e deste xeito conseguir uns ingresos extra para as arcas municipais e conseguintemente para que disto se beneficiaran todos os veciños e veciñas de Burela. Estas instalacións contan con 10.000 Vatios de potencia e a enerxía que xera mídese no contador de saída da mesma. A obra da que estamos a falar rematouse en maio de 2011 co equipo de goberno do PSdG-PSOE, e despois do cambio de goberno municipal tocáballe ó goberno entrante rematar os trámites de enganche desta enerxía sobrante á rede. Pois ben, no Pleno Municipal de maio o Grupo Municipal do PSdG-PSOE de Burela interesouse pola situación na que se atopaba esta xestión, despois dos rumores de que este equipo de “desgoberno” do Partido Popular tiña o asunto abandonado, e ante a pregunta feita dende o noso Grupo Municipal de si despois de dous anos de goberno se tiña feito a xestión de enganchar esta enerxía á rede, e cal fora o aforro conseguido con esta medida?. A contestación do alcalde de Burela, o Sr. Barcia, déixanos realmente preocupados e sorprendidos pola nula xestión que é capaz de realizar este señor e o seu equipo, a resposta foi: “que contactara con Begasa pero que ultimamente son un desastre e que se estaba esperando por eles” (despois de dous anos). Esta resposta xa di por si soa o interese que este equipo de “desgoberno” ten polos veciños e veciñas de Burela, unha vez máis temos que dicir que o único interese que move a esta tropa, é o interese persoal e para nada se preocupan dos problemas dos veciños e veciñas de Burela. Non nos parece de recibo que o alcalde máis viaxeiro e despilfarrador da historia de Burela deixe ós veciños tirados en asuntos que lles pode mellorar a calidade de vida e aportar uns ingresos ó Concello nuns tempos difíciles no eido económico. Este tipo de situacións son as que demostran a falla de xestión e de traballo deste equipo de “desgoberno”. Unha vez máis, e os feitos nos remitimos, temos que dicir que este é o peor goberno da historia de Burela. Grupo Municipal PSdG-PSOE Burela
Posted on: Fri, 21 Jun 2013 19:10:01 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015