Patético de ver no parte da TVE o narco-presidente paseando polas - TopicsExpress



          

Patético de ver no parte da TVE o narco-presidente paseando polas proximidades do accidente, rodeado de xornalistas e pelotas, entorpecendo o traballo dos profesionais e declarándose consternado. O seu sitio non sería en unha especie de cuartel xeral, vamos, digo eu, rodeado de teléfonos, dando instrucións, pedindo auxilio a todas as institucións, preocupándose polas infraestruturas e, sobre todo, pedíndolle aos mamalóns de xornalistas que o deixen traballar tranquilo... que o que importa verdadeiramente non son os laios do mangueiras senón a eficacia dos socorros... De todos xeitos, se os dous narco-presidentes (Feijoo-Rajoy) seguen no poder, na próxima catástrofe, os feridos van ter que ser atendidos nas palleiras e as transfusións van ser feitas con mangueiras do gasoil. Con tanto recorte. Veredes.
Posted on: Thu, 25 Jul 2013 08:09:34 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015