REMODELACIÓN DO PROGRAMA DAS CONFERENCIAS E DEBATES DAS VI - TopicsExpress



          

REMODELACIÓN DO PROGRAMA DAS CONFERENCIAS E DEBATES DAS VI XORNADAS DO PEREGRINO sobre A Variante do Camiño Norte de Santiago a Basílica de San Martiño de Mondoñedo (Foz). Por motivos de organización, agruparanse na xornada do venres día 5 de xullo no Centro Sociocultural “Manuel Díaz Sampedro” da seguinte maneira: 20 horas. ACTO DE INAUGURACION . Por: Representantes da Xunta de Galicia. Da Deputación Provincial de Lugo. Dos Concellos de Barreiros, Foz, Ribadeo e Mondoñedo e da Agrupación de Asociacións “Camiño Norte de Santiago” do Pais Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia. A Continuación. Proxección dun audiovisual da Variante Marítima e a Visión desde as Asociacións. Interveñen: Antonio Crespo da Aso. Asturleonesa de Oviedo, Luís González Perrino da Aso. Pulcraleonina de León e Luís Fernández Ansedes da Aso. Abrindo Camiño de Mondoñedo. Presenta e Modera: Mari Rico da Aso de Luarca-Valdés. 20,30 horas. Estudo Histórico. Itinerario. Sinalización. Por: José Mª Díaz Fernández. Exdeán da Catedral de Santiago de Compostela. Segundo Vázquez Portomeñe. Membro do Comité Cientifico de Caminos de Europa e Fernando López Alsina . Catedrático de Historia Medieval da U.S.C. e membro do Comité de Expertos do Camiño de Santiago. Presenta e Modera: Laureano García Díaz. Presidente da Agrupación de Asociacións Camiño Norte de Santiago. 21,00 horas. A Promoción da Variante Marítima e do Camiño Norte de Santiago.Analise da proposta do nomeamento de Patrimonio Mundial pola UNESCO. Experiencias de promoción levadas a cabo nun Fam Treep con Touroperadores extranxeiros levadas a cabo en Asturias. Experiencia de recuperación e promoción do Camiño de Inverno na Ribeira Sacra. Interveñen: Representante da Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura. Manuel Rodriguez Xunta de Galicia- Axencia de Turismo de Galicia. S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. Alfonso Fuente. Alcalde de Barreiros. Javier Castiñeira. Alcalde de Foz. Orlando González. Alcalde de Mondoñedo. Aida Menendez. Presidenta da aso Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra. E Dolores Fernández, Begoña Panea e Valerie Alvarez da empresa “Where is Asturias”. Presenta e modera Xulio Xiz. Xornalista e escritor. Director da Web Galicia Digital. O resto do programa seguirá como estaba previsto: Sábado 6 de xullo, recorridos a pé e en autocar polos lugares mais significativos da Variante Maritima con visitas guiadas por Foz, Barreiros e Ribadeo que rematará con un concerto da Coral Polifónica de Ribadeo as 20,00 no Cine-teatro de Ribadeo. E o domingo 7 de xullo, dedicado o recorrido e posta en valor do Roteiro Turistico-Literario “Leiras Pulpeiro” en Mondoñedo con comida campestre e Xogos populares na Area recreativa e paisaxística de” A Fervenza” de Viloalle. E remate as 20,30 na Casa da Xuventude de Mondoñedo, coa presentación do libro “Memorias de un profesor malhablado” do escritor e portavoz da aso. de profesores de Alcalá de Henares Matías Escalera, sobre a problemática e defensa do Ensino Público que finalizará con un concerto do cantautor César Morán.
Posted on: Wed, 26 Jun 2013 11:41:27 +0000

Trending Topics



e back. (Was it you, Lisa
A year ago today, Heaven was blessed as our precious friend Patty
monstermmorpg/Videos Later on, White #learned #the

Recently Viewed Topics




© 2015