A MARIÑA O teatro toma as rúas de Ribadeo Dez colectivos - TopicsExpress



          

A MARIÑA O teatro toma as rúas de Ribadeo Dez colectivos afeccionados mariñáns interpretaron onte ao aire libre M. CUADRADO ribadeo / la voz 14 de junio de 2013 05:00 0 votos Dez agrupacións da Mariña participaron onte pola tarde no teatro ao aire libre, unha iniciativa que impulsa a Área de Cultura da Deputación. AnteriorSiguiente A Mariña débelle moito ao teatro afeccionado, ás mulleres e aos homes que se suben en fins de semana e festivos a un escenario unicamente por paixón. Onte tiveron unha ocasión especial de desmostrarlle novamente ao público a súa valía e entrega. As rúas máis céntricas de Ribadeo transformáronse nun escenario ao aire libre para os actores e actrices dos grupos de teatro mariñáns A Adala, de Fazouro; Ardora, de San Cibrao; Axóuxeres, de Vilaronte (Foz); O Bordelo, de Cervo; Batán, de Cangas de Foz; Raiolas, de Alfoz; Ollomao, de Barreiros; Grupo de Teatro de Ribadeo; TeatroCrea, de Viveiro, e Xoldra, de Mondoñedo. A escenificación enmárcase dentro do proxecto Buxiganga, impulsado pola Área de Cultura da Deputación, e que tenta potenciar o teatro como elemento de transmisión cultural, fomentar o emprego do galego e traballar en prol da cohesión e integración social. Dentro destes circuitos, os grupos da comarca teñen previstas 24 representacións en distintos puntos da provincia. A maiores, A Mariña acollerá outras 29 representacións. Este proxecto permítelle aos grupos aumentar o número de actuacións e fomentar a aparición de novas agrupacións. O vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, recoñeceu onte que é na Mariña onde «mellor funciona Buxiganga, e proba diso é a gran cantidade de expectadores en cada actuación».
Posted on: Fri, 14 Jun 2013 04:38:34 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015