A semana pasada estiven cun amigo, e saíu o tema do galego nas - TopicsExpress



          

A semana pasada estiven cun amigo, e saíu o tema do galego nas aulas de infantil e primaria. Dicíame que xa non quedaban galegofalantes entre os cativos nas escolas, que lles custaba falar e entender o galego. Sempre pensei que o galego íase perdendo pero realmente non era consciente deste feito (é como o anuncio da radio, qué es eso de salvar los bosques si aún quedan muchos, habrá que preocuparse cuando sólo quede un árbol), e as palabras deste bo amigo fixéronme pensar, pero sen darlle máis importancia que a de un feito sorprendente. Pois ben, esta semana comecei as prácticas nun centro de infantil, primaria e ESO. Podo docir que a situación non é só sorprendente se non PREOCUPANTE os nenos e nenas non saben falar galego, cústalles moitísimo pero máis aló de falar, tampouco o entenden, teñen a lingua propia como se fora unha extranxeira, incluso comparada por algúns de eles có inglés na súa comprensión. Xa non só problemas co vocabulario, ou coa posición dos pronomes, se non de comprensión oral e lectora. Se non me credes cóntovos a anécdota de hoxe: Os rapaces e rapacas só dicían lluvia, logo de esplicarlles que en galego hai outras palabras e que esta era en castelán dixeron chuvia (recoñecida pola RAG) e ata ahí todo ben, o que chama a atención foi que cando dixen que existía outra palabra ben fermosa para este fenómeno todo@s dixeron que xamáis escoitara CHOIVA. Recapacitade, se queredes, a moitos sei que lles dará igual, o que respecto, pero os que, coma mín, esta situación incomoda (sen nacionalismos, reintegracionismos ou cousas desas coas que estou en total desacordo, teño que dicilo) pensedes en pequenos xestos que poder facer. Eu pola miña conta sei en que idioma falarlle os pequenos dende agora. Recordade a CULTURA (onde atópase o idioma) non é política, non mesturemos.
Posted on: Wed, 13 Nov 2013 21:19:29 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015