Axudas á incorporación de mozos á actividade agraria A - TopicsExpress



          

Axudas á incorporación de mozos á actividade agraria A Consellería do Medio Rural e do Mar convoca axudas para á incorporación de mozos á actividade agraria (xunta.es/dog/Publicados/2013/20130621/AnuncioG0165-140613-0004_ gl.html). Poderán ser beneficiarios/as os mozos/as titulares de explotacións ou que pretendan selo e que cumpran os seguintes requisitos: a) Posuír, no momento da súa instalación, o nivel de capacitación profesional suficiente. b) Instalarse nunha explotación agraria que requira un volume de traballo equivalente polo menos a unha UTA ou acadar esta condición nun prazo máximo de dous anos desde a súa instalación. c) Comprometerse por escrito a exercer a actividade agraria durante cinco anos. d) Cumprir a explotación as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, no prazo máximo de dous anos desde a instalación do/a mozo/a. e) Ter cumpridos os 18 anos e ser menor de 40 anos de idade no momento da solicitude de axuda. f) No caso de instalarse nunha explotación prioritaria, acadar a condición de agricultor profesional. O prazo para presentar solictudes estará aberto ata o 22 de xullo de 2013. As solicitudes poden tramitarse en: https://sede.xunta.es co procedemento MR404A Mási información no DOG do 21 de xuño de 2013 e en: mediorural.xunta.es
Posted on: Fri, 05 Jul 2013 12:06:42 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015