BOLSAS DE COMEDOR DA UNIVERSIDADE DE VIGO A Universidade de - TopicsExpress



          

BOLSAS DE COMEDOR DA UNIVERSIDADE DE VIGO A Universidade de Vigo convoca Bolsas Comedor para alumnado universitario matriculado no curso 2013/14 Requisitos: - Estar matriculado en calquera campus universitario da Uvigo en estudos de diplomatura, licenciatura, grao, masteres oficiais, enxeñerías. - Será preciso que o alumnado estivera matriculado no curso anterior e no presente de curso completo. - A renta das persoas non poderá superar os 3000€ por persoa e ano. - A contía da axuda será de 500€ Solicitudes: Os impresos de solicitude deberán ser cubertos no modelo de solicitude dispoñible na secretaría virtual. Acceda a seix.uvigo.es e identifíquese, logo na páxina de inicio prema en Consulta de datos académicos e finalmente seleccione bolsas de comedor. Unha vez cubertos deberán imprimir a solicitude en ficheiro PDF e presentalo coas sinaturas do solicitante e demais membros computables da familia. PRAZO PRESENTACIÓN Será ate o 25 novembro 2013 Máis información: uvigo.es/opencms/export/sites/uvigo/sites/default/uvigo/DOCUMENTOS/ServiciosInformaticos/R.R.-conv-Bolsas-Comedor-13-14.pdf
Posted on: Mon, 11 Nov 2013 12:33:17 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015