DIA DE CAZA. O día de Santos sempre me trai unha lembranza de - TopicsExpress



          

DIA DE CAZA. O día de Santos sempre me trai unha lembranza de cando era neno. A taberna de Xende a noitiña enchíase de cazadores que, na volta do monte presumían das suas pezas cazadas, e daquelas outras que perderan por culpa do can. Penso que non se borra da miña memoria,por que todo-los anos o que mas coellos tiña pendurados do cinto era meu pái. Todos sabían que era así,e encanto non chegaba facian apostas de cantos serian .Na noite anterior quedara recargando cartuchos hasta as tantas,total non iba dormir....A metade dos cartuchos so os cargaba con a media de munición, eses eran os do primeiro tiro,o outro era normal por se o coello quería fuxir.Entón había bastante caza , ainda así, encanto os demais iban tres ou catro xuntos ,e cada un con dous ou tres cans, Hermosindo iba so acompañado polo moro un palleiro un pouco langran, pero que atendía moi ben as ordes do xefe. Algunha vez fun con el ,facíame ir sete ou oito metros atrás del,e cando me facía una seña,tiña que quedarme quieto: alí adiante naquela chouqueira (toxeira) hay un coello.Poucas veces fallaba,se o animal non estaba na casa seguro que alí sí estaba a sua morada. O Moro na mayoría das veces facía o que eu: mirar. Era una noite máxica,todos contaban os séus milagres, como mataran aquelas pezas,as que escaparan,sempre por culpa dos cans; as que marcharan feridas que por suposto eran moitísimas e seguro que ian morrer moi preto. Despois viñas as tazas de viño ,primeiro do tempo, con as castañas asadas, e despois cando xa moitos estaban un pouco alegres, acababan fervendo con o tintorro quente con azúcar. O único que non me gustaba dese día era o cabreo que collía miña nái (era de cabreo facil) cando via tanto coello, ¿e agora que fago con eles?, ainda hay dous adobados na artesa. Hermosindo encollía os hombros e calaba,era o millor que podía facer.Ela empezaba a esfolar algún encanto seguía rosmando e pensando en alto a quen ia regalar algún no día de mañán. As neveras ainda tardaron uns anos en chegar.
Posted on: Fri, 01 Nov 2013 23:48:52 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015