Gómez Besteiro reivindica unha universidade pública, de - TopicsExpress



          

Gómez Besteiro reivindica unha universidade pública, de calidade, aberta a todos, ben financiada e autónoma como “estratéxica” para o país 12 de Novembro de 2013 · O secretario xeral do PSdeG trasladoulle ó reitor da USC, Juan José Casares Long, a aposta socialista por recuperar un investimento público en Educación que supere o 5% do PIB e garantir “a igualdade de oportunidades” Besteiro subliñou que as Universidades concentran o 80% do I+D de Galicia, polo que “é moi importante que se sigan financiando e coidando. Estamos en crise, pero hai que priorizar, deixar de facer unhas cousas para seguir investindo noutras, como é a Educación” Besteiro e Casares LongO secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, mantivo esta mañá unha reunión co reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan José Casares Long, a quen lle trasladou a aposta dos socialistas por un modelo de Universidade pública, de calidade e excelencia, ben financiada, aberta a todos e autónoma na súa xestión como peza “estratéxica” para impulsar o desenvolvemento do país. Gómez Besteiro subliñou que as universidades concentran o 80% de I+D de Galicia, “polo que é moi importante seguir financiándoas e coidándoas. Non se trata dun gasto. Vivimos nun momento de crise económica, pero hai cousas nas que non se pode deixar de investir; hai que priorizar, deixar de facer unhas cousas para seguir investindo noutras, como é a Educación”. Neste senso, o secretario xeral do PSdeG compartiu co reitor da USC algunhas das conclusións da Conferencia Política dos socialistas desta pasada fin de semana, como a aposta por recuperar un investimento público en Educación que supere o 5% do PIB estatal, ademais de “garantir a igualdade de oportunidades, algo que agora se está empezando a poñer en tela de xuízo”. “Non se recordaba dende hai moitos anos que alguén tivera dificultades para acceder á Universidade pola súa situación económica”, advertiu, algo que está empezando a ocorrer tras a subida das taxas e a baixada das becas imposta pola dereita. “A igualdade de oportunidades foi a que nos permitiu ter unha educación pública e unha universidade excelentes, na que se formaron moitas persoas que contribuíron ó desenvolvemento do país. E iso non o queremos perder no futuro. Para os socialistas, a Universidade é estratéxica para este país”, afirmou Besteiro. Polo tanto, “rexeitamos os recortes de financiamento, prazas, investigación…”, recalcou o secretario xeral, quen tamén defendeu a autonomía das Universidades: “foi a que as fixo fortes, e témola que preservar”. “Este é o noso modelo, e é bo que os galegos saiban que hai outras formas de pensar e outras alternativas para gobernar”, indicou o dirixente socialista. Un referente no apoio á Universidade Pola súa banda, o reitor da USC, que cualificou a conversa co secretario xeral do PSdeG como “moi cordial e franca”, puxo en valor o papel de Gómez Besteiro como “un dos protectores de sempre da Universidade de Santiago como Presidente da Deputación de Lugo”. “O apoio permanente” desta institución provincial ó Campus lucense “é un referente en tódolos sentidos”, engadiu Casares Long. “Agora tócalle un papel novo, e seguro que axudará a seguir construíndo Galicia”, afirmou o reitor en referencia a Besteiro. PSdeG PSOE Provincial Lugo.-
Posted on: Tue, 12 Nov 2013 16:04:46 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015