No BNG criticamos o despilfarro nos orzamentos municipais de - TopicsExpress



          

No BNG criticamos o despilfarro nos orzamentos municipais de Corcubión. Non compartimos que o alcalde dispoña dunha partida de 6.000 euros para gastos xudiciais tendo á súa disposición os Servizos Xurídicos da Deputación. Cartos que se podían empregar noutros servizos como a Emerxencia Social, que nestes tempos de crise son máis necesarios que nunca a pesar de que o alcalde di que non se usan. Ante esta afirmación o BNG pregúntase “se os Servizos Sociais do Concello están facendo o seu labor, cando todos coñecemos xente que está a pasar por graves carencias e dificultades no municipio” É escandaloso que o concello gaste 40.000 euros anuais no técnico local de emprego (ADL) un gasto non soportable. Do que só ten unha subvención de 8.000 euros (20 %). A pregunta é: ¿Tén o goberno municipal alguna obriga especial contraída con este traballador e anterior tenente alcalde? Este goberno municipal, reducíralle no pasado a xornada laboral a persoa que ocupaba antes éste posto. ¿ Pode o Concello soportar este gasto? ¿Por que non usa o mesmo criterio agora que antes?
Posted on: Sun, 30 Jun 2013 08:50:22 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015