O chiste do familia (Que??? Outros din o chiste do día, non - TopicsExpress



          

O chiste do familia (Que??? Outros din o chiste do día, non si???) Pelejrina de Requeixo, do lujar de Espiñeiros, era unha muller como normal hasta que os dotores lle diarnosticaron un preñazo. Ca escusa da criatura encheuse de antoxos e empezóuse a volver jorda, moi jorda, moi jorda. Tanto que caía da cama polos dous lados. Debía de pesar uns 150 quilos en canal. No lujar chamábanlle a anoréxica, porque mirábase ó espello e víase jorda. O tema aínda purriba complicóuselle, porque acababa de cumplir o quinto mes e dixéronlle que estaba esperando un par de tres criaturas de jolpe. Con este panorama, un día que tiña que ir á revisión, colleu a línea das oito sentouse nun asiento, pero claro, despois do que acabo de contar, facíanlle ben falta os dous. Na sijiente parada e co autobús a tope de xente, sube o meu pai Antoniño de Proame que andaba cun bastón por culpa dunha operación de cadera. Como xa non tiña sitio pa sentarse, dóuselle por pasear o pasillo de adiante patrás e ó reves. E cada ves que pasaba polo sitio de Pelejrina, como ésta non lle facía sitio a pesar de ocupar dous, ó meu pai íbanselle subindo os fumes… e cos nervios, cada vez petaba máis co bastón no chao pa chamar a atención da señoriña. Dun dos viaxes de antoniño datrás padiante, a muller, que se cansou de escoitar o peta-peta do bastón polo pasillo, díxolle con malas puljas: - Hai, antoniiiiño!!! E lojo se lle puxeras unha jomiña a ese bastón na parte dabaixo, non tiñamos que estar padecendo tanto ruído... - Mira Pelejrina, carallo!!! Se a "jomiña" a puxeras ti na parte de abaixo tamén hai cinco meses, ajora non tiñas que estar ti sola ocupando dous sitios e eu podía ir sentado, trorma!!!
Posted on: Fri, 04 Oct 2013 20:39:03 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015