O próximo sábado 21 de setembro temos unha cita no Esanche con - TopicsExpress



          

O próximo sábado 21 de setembro temos unha cita no Esanche con The Lákazans! Formados no trascurso do ano 2012, as súas influencias van dende o blues máis clásico de artistas como Howlin Wolf, Muddy waters, Hound Dog Taylor ata o soul de Aretha Franklin, Etta James ou Sam Cooke, pasando polo country de Johnny Cash. Sen esquecer aos grandes clásicos do rock e o rock and roll como Elvis Presley, os Rolling Stones ou J.J Cale. Outras das súas máis importantes influencias son dous dos novos talentos do rockabilly e o rock & roll actual, considerados xa clásicos modernos, Imelda May e os tres irmáns que forman Kitty, Daisy & Lewis. A súa formación, un tanto peculiar, conta con armónica, percusión (que inclúe darbuka, culleres e washboard entres outros elementos) ademais de batería, baixo, guitarra (acústica ou eléctrica) e dúas grandes voces femininas, Sabela e Almudena. Todo isto xunto dálle á banda un carácter moi particular e pouco habitual neste lado do continente. Cabe dicir que pese ser unha banda principalmente de versións, conseguen levalas a un terreo moi persoal, en parte tamén por ter que adaptar temas a un repertorio case acústico e que evoca ás primeiras gravacións blues dos anos 30.
Posted on: Sat, 14 Sep 2013 10:46:52 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015