Os clubs que acadaron os maiores éxitos futbolísticos do - TopicsExpress



          

Os clubs que acadaron os maiores éxitos futbolísticos do Concello de Ames na Liga Galega Infantil (S.D. Milladoiro e Bertamiráns F.C) non foron recibidos pola corporación municipal tal e como se merecían e como solicitou PxA. Un fito histórico para a Ames que o goberno non tivo en conta igual que o ascenso do Bertamiráns F.C a terceira división. No mesmo caso encóntrase o Biduído que ascendeu a primeira autonómica de xuvenís. O ascenso do Bertamiráns F.C. por primeira vez na historia, pasou totalmente desapercibido para o Alcalde de Ames a pesar de que a nivel deportivo e mediáico supón un salto cualitativo porque visitarán a nosa localidade equipos como o Pontevedra, filiais do Celta ou Deportivo, Bergantiños etc. Ademais a cobertura mediática, coa presenza de radio e televisión no campo municipal de Bertamiráns cada 15 días falando dos nosos equipos é unha boa promoción para o noso concello. O Concello non fixo recepción antes de finalizar a tempada 2012/2013 e agora sería tarde xa que os clubs están empezando a tempada e moitos dos xogadores que acadaron o ascenso xa no están por diversos motivos. Nunha situación similar está o Biduído que ascendeu a primeira autonómica de xuvenís. PxA, tal e como manifestou nos anteriores plenos, considera que a recepción debería facerse de forma conxunta aproveitando a boa sintonía que hai entre os clubs, a fraternidade e a boa relación así como unha sana rivalidade. Outros clubs foron recibidos polo seu alcalde e a corporación municipal aos poucos días por lograr os mesmos obxectivos como foi o caso do Arousa, entre outros,equipo que acadou tamén o ascenso a terceira división no campo do Bertamiráns. Si temos en conta que no concello de Ames é a primeira vez que se da este éxito deportivo, e que tanto Bertamiráns como Milladoiro están facendo unha labor magnífica coas categorías inferiores onde están máis de 700 deportistas, o feito da non facer en tempo e forma a recepción indica a pouca sensibilidade e preocupación que hai dende o concello polo deporte en Ames. No próximo pleno, PxA solicitará unha vez máis que, aínda que tarde, se faga unha recepción oficial aos clubs de forma conxunta como mostra de apoio na tempada que comeza.
Posted on: Thu, 22 Aug 2013 10:29:06 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015