Pladesemapesga ante o fracasado acordo para Galicia de Mauritania - TopicsExpress



          

Pladesemapesga ante o fracasado acordo para Galicia de Mauritania pide se activen axudas e menos lamentos oficiais Xornal Pladesemapesga de la Mar y la Pesca | Martes, 08 Octubre, 2013 - 08:14 Fundación Imdecum Comunicación Rosa Quintana como única resposta ao acordo de Mauritania para a flota pesqueira de Galicia e a súa fracasada xestión en favor da flota galega ante a UE para Mauritania, ofrece LAMENTOS. A partir de hoxe a flota galega que faenaba en Mauritania terá que apañarse cos lamentos de Rosa Quintana, como única solución nefasta xestión na súa defensa dende o Goberno galego é o de Arias Cañete. Asi, ante o fracasado acordo en favor de Galicia, a Consellería de Medio Rural e do Mar, ofrece un comunicado de prensa "lamentándose", e afirma que dende que se tivo coñecemento dos termos deste acordo, a Consellería que representa sempre traballou na procura de que non fose ratificado. Mentres o goberno socialista de Andalucía aplaude a ratificación do acordo UE-Mauritania que garante a actividade da flota marisquera andaluza ante as mesmas narices de Cañete e Rosa Quintana. Doce embarcacións da Asociación Nacional de Armadores de Buques Congeladores de Pesca de Marisco solicitaron xa a súa licenza para volver a pescar en augas mauritanas a partir do 1 de novembro. A conselleira de Agricultura, Pesca e Desenvolvemento Rural, Elena Víboras, celebrou a ratificación por parte do Parlamento Europeo do acordo de pesca entre a Unión Europea (UE) e Mauritania, xa que "garante a actividade da flota marisquera andaluza nunhas condicións rendibles". Para a conselleira, trátase dunha "moi boa noticia", que permitirá aos barcos andaluces retomar a súa actividade nese caladero a partir do 1 de novembro. Ata o momento, da veintena de embarcacións da Asociación Nacional de Armadores de Buques Congeladores de Pesca de Marisco (Anamar) aos que afecta este protocolo, doce xa solicitaron licenza para volver a faenar alí. Para Elena Víboras, é un "tratado do que nos beneficiamos todos, estratéxico non só para o presente e futuro da flota marisquera andaluza e as familias que viven desa actividade, senón tamén para todas as empresas auxiliares", que dependen dela. "Grazas á súa aprobación, tras máis dun ano cos seus barcos amarrados a porto, os nosos pescadores poderán volver a faenar, que é o que realmente queren, tendo en conta que é unha flota que se está vendo prexudicada tamén pola imposibilidad de faenar en augas de Guinea Bissau". Areiterada falla de capacidade da actual consellería para xestionar adecuadamente a defensa dos nosos barcos nos caladoiros en terceiros paises logra deixar fora de Mauritania a flota galega. Como única defensa que facer ver que o anterior goberno socialista e o culpable da súa mala xestión, a estas alturas e tras 5 anos de goberno non é de recibo esta resposta, de feito a flota andaluza xestionada por un goberno socialista logra verdadeiros beneficios e barcos no caladoiro de referencia. Eso sí, esta fracasada xestión de Rosa Quintana sirviu para darse unhas volteretas pola xeografía nacional e europea para afirmar que xunta a Conselleira o secretario general de Pesca, Carlos Domínguez, reuníronse cos representantes do sector de todas as modalidades pesqueiras e das comunidades autónomas, para fixar uns obxectivos comúns e beneficiar así a toda a frota española. Por todo elo, a Plataforma en Defensa do Sector Marítimo Pesqueiro de Galicia insta a Conselleira de Medio Rural e do Mar, a publicar de forma urgente unha partida de axudas destinbadas a aminorar a total paralización da nosa flota deste caladoiro, mentres non se logran outros acordos que poidan dar saida a nefasta xestión ante a UE da Xunta de Galicia gobernada polo PP. Acerca de: la Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia es una asociación no lucrativa, Nif: G-70321807 - Registro 2012/016402 . con más de 10.500 socios y formada por personas físicas, empresarios, políticos, profesionales y autónomos, marineros, mariscadores/as, ecologistas, asociaciones, expertos en todos los sectores del Mar y la Pesca, que comparten el interés y la inquietud por el entorno del Sector Marítimo Pesquero de Galicia. Cuya presencia en Internet queda reflejada en: pladesemapesga y info@pladesemapesga Cofradía Pescadores de Burela.-
Posted on: Tue, 08 Oct 2013 18:47:28 +0000

Trending Topics



le="margin-left:0px; min-height:30px;"> VIZIO Thin and Light CT15-A1 15.6-Inch Laptop CLICK HERE TO FIND
In every area of life, there are always people in power. You
TODA GAROTA JÁ: Mentiu pra mãe, mentiu pro professor, tomou
This is what I always expect from matches in England.An even
Having a patient after surgery depend on you to help them walk and
SE VOCÊ TEM ALGUMA DÚVIDA SOBRE A POLÊMICA DA PEC 37, VALE A
LIVE AUDIO ENGINEERS: X32 Findings via my experience. 1) Update

Recently Viewed Topics




© 2015