Prohibíchedes o galego nas escolas para producir no espirito dos - TopicsExpress



          

Prohibíchedes o galego nas escolas para producir no espirito dos nosos rapaces un complexo de inferioridade, facéndolles creer que falar galego era falar mal e que falar castelán era falar ben. Espulsáchedes o galego das eirexas, facendo que os representantes de Cristo esplicaran o Evanxeo no idioma oficial, que o povo non falaba nin comprendía ben. Refugáchedes o galego ante os Tribunaes de xusticia e chegáchedes a castelanizar bárbaramente as toponimias galegas. ¿E de que vós valeu? Porque dispois de máis de catro séculos de política asimilista, exercida con toda riqueza de astucias e violencias, o noso idioma está vivo. Sodes, pois, uns imperialistas fracasados. #Castelao.
Posted on: Mon, 14 Oct 2013 22:36:37 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015