Rexurde a samba do Galícia O equipo de fútbol brasileiro fundado - TopicsExpress



          

Rexurde a samba do Galícia O equipo de fútbol brasileiro fundado por emigrantes galegos en Salvador de Baía en 1933 gaña o Campionato baiano de Segunda División e regresa a Primeira 15 anos despois. Por gcdeportes | Compostela | 29/07/2013 Despois de 25 anos, o Galícia Esporte Clube, fundado por emigrantes galegos en Brasil no ano 1933, voltou a conquistar un título profesional. O Galícia acadou esta fin de semana o título da Segunda División do Campeão Baiano 2013. Os galegos xa venceran por 1-2 a domicilio, e este sábado volveron gañar ao Catuense por 2-0, coa presenza de 1.700 afeccionados no Parque Santiago. Diego Higino, de penalti no minuto 13, e Alemão, aos 58 minutos, foron os autores dos dous goles. É o terceiro título da Segunda Divisão conquistado polo Galícia. No 2014, o club estará novamente na Primeira División depois de 15 longos anos. Xogadores, o técnico Sérgio Veloso e o presidente Dario Rego festexaron coa torcida galiciana o trofeo. Os vindeiros desafios do Galícia xá están definidos: loitar pola Copa Governador do Estado a partir de setembro, unha competición que dá a posibilidade de participar na Copa do Brasil. A partir de xaneiro, participará á fin na Primeira División do Campeonato Baiano. O estado de Baía e a súa capital, Salvador, foi un dos principais destinos da emigración galega en Brasil. Ao principio, non eran ben recibidos, polo que un grupo de galegos, liderados polo xastre Eduardo Castro de la Iglesia, creou o Galícia. Así naceu en 1933 o Galícia Esporte Clube, sendo o seu primeiro presidente o mesmo Castro de la Iglesia. O Demolidor de Campeões, como se coñece o club, foi o primeiro equipo en ser tricampión do Campionato Baiano e dominou o fútbol de Baía durante os seus dez primeiros anos de existencia, sendo campión en 1937, 1941, 1942 e 1943. Só volveu ser campión en 1968, e subcampión en 1967, 1980, 1982 e 1995.
Posted on: Mon, 29 Jul 2013 19:17:33 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015