TRAXEDIA FERROVIARIA. Onte vivimos o peor e máis grave - TopicsExpress



          

TRAXEDIA FERROVIARIA. Onte vivimos o peor e máis grave acontecemento no que temos intervido desde que naceu a nosa Agrupación de Protección Civil. Pensamos que moitos d@s compañeir@s que onte acudiron a Santiago, desde moitos puntos de Galicia, mobilizados coma nós pola central de emerxencias 112 terá o mesmo sentimento. O escenario era terrible, pero a coordinación de tódolos medios, a axuda exemplar, desinteresada e decidida, desde o primeiro momento, dos veciñ@s de Angrois conseguiu que a axuda necesaria chegase dun xeito rápido e efectivo. Desafortunadamente, había moitas persoas falecidas, e os nosos compañeiros presenciaron esceas verdadeiramente dantescas. Este é o noso traballo, pero, como rescatadores, como Protección Civil, que temos como principal misión a protección das persoas e a súa integridade física, foi moi duro o que alí se viviu. Un total de 20 persoas de Protección Civil de Teo se desprazou onte a Santiago. Queremos agradecer tódalas chamadas dos nos@s voluntari@s, que permitiron ir mobilizando medios a medida que o 112 nolos demandaba, deixando tamén o noso concello atendido. Foi impresionante a resposta, os medios que alí se xuntaron, as ganas e as ansias de axudar que fomos canalizando, para estar nos lugares onde máis nos precisaban. Este serán, 12 d@s nos@s voluntari@s, darán o relevo aos compañeir@s de Santiago durante a noite, ó igual que o farán voluntari@s de moitas outras agrupacións de Galicia. O NOSO MÁIS SENTIDO PÉSAME A TÓDOLOS FAMILARES E AMIGOS DAS PERSOAS QUE PERDERON ONTE A VIDA EN ANGROIS. O NOSO SENTIMENTO, IGUAL QUE O DE TÓDOL@S GALEG@S, ESTÁ CON EL@S. GRACIAS A TOD@S @S NOS@S VOLUNTARI@S, E ÓS 7 MEMBROS DO SERVIZO MUNICIPAL DE EMERXENCIA, QUE ACUDIRON INMEDIATAMENTE Ó CHAMAMENTO FEITO, UNS Á ZONA 0 NO PRIMEIRO MOMENTO DO SUCESO, OUTROS ÓS DISTINTOS LUGARES HABILITADOS PARA FERIDOS E FAMILIARES, SEGUNDO ÉRAMOS REQUERIDOS. SENTÍMONOS MOI ORGULLOSOS DA RESPOSTA VECIÑAL E DA RESPOSTA DO POBO GALEGO, QUE SOUBO E SABE ESTAR Á ALTURA, INCLUSO NUNHAS CIRCUNSTANCIAS TAN TERRIBLES...
Posted on: Thu, 25 Jul 2013 17:58:05 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015