Tal día coma hoxe, o 9 de novembro de 1959, finaba en Cambados - TopicsExpress



          

Tal día coma hoxe, o 9 de novembro de 1959, finaba en Cambados Ramón Cabanillas. Del Riego publicou a súa Obra completa e mantivo co poeta da raza unha estreita relación. Sobre o cambadés deixou escrito don Paco: Outro home que me distinguíu cunha especial e dilecta amistade foi Ramón Cabanillas. Coñecino en Lugo durante a segunda campaña electoral da República. Asistira ao mitin na Praza do Mercado no que eu intervín, e desde aquela mantivemos non só contactos persoais, senón tamén unha copiosa correspondencia. Con motivo dunha Escolma de poesía galega que eu andaba a preparar, cruzámonos varias cartas. O epistolario intensificouse cando por encargo do Centro Gallego de Buenos Aires, estiven a recadar textos da súa autoría para a edición da súa Obra completa. [...] Conmovinme fondamente no enterro do admirado amigo na súa terra natal. Finou rodeado do amplo respecto de cantos sentamos amor pola cultura propia
Posted on: Sat, 09 Nov 2013 13:45:18 +0000

Trending Topics



;">
Hello my dear Facebook friends. Are you ready for 2015? From what

© 2015