camp0 de batalla | Laureano López Xeografía do lixo Xoves - TopicsExpress



          

camp0 de batalla | Laureano López Xeografía do lixo Xoves 17 de novembro de 2011 A materia nin se crea nin se destrúe, transfórmase. Díxoo o químico francés Antonie Lavoisier, que morreu moito antes de que o lixo nos chegase ao pescozo da camisa. Agora, os residuos, que son tamén materia, créanse, multiplícanse exponencialmente e, nalgunhas ocasións, pero só en algunhas, transfórmanse. Noutras moitas entérranse en vertedoiros (tamén chamados eufemísticamente vasos de vertedura), ao longo e ancho de, neste caso, Galicia. É a xeografía do lixo: montañas de desperdicios, vales controlados e descontrolados, ríos de lixiviados, ladeiras de residuos sólidos urbanos, fervenzas de plástico, latones e PVC... Si, dedícanse esforzos e diñeiro (o de todos, por certo) a atallar un problema que tamén a todos, aínda que en distintos graos, compete, pero as cifras do lixo seguen metendo medo. A cousa cheira mal: ata o 2015, enterraranse en Galicia polo menos dous millóns de toneladas de lixo porque Sogama non dá máis de si, Nostián saíu un pouco ra e hai máis cultura de incineración que de reciclaxe. Bo, polo menos en refugallos si converxemos.
Posted on: Mon, 30 Sep 2013 15:43:29 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015