O naval volveu a estar na rúa onte, rexeitando a pretensión de - TopicsExpress



          

O naval volveu a estar na rúa onte, rexeitando a pretensión de Bruselas de devolución das axudas do tax lease. O sector perdeu no último lustre máis de 15.000 empregos directos e os asteleiros terían que pagar máis de 1.700.000 de euros no caso de que se impuxese a devolución. Non so está en risco a desaparición do naval, senón tamén a perda de milleiros de postos de traballo dos operarios das factorías e empresas auxiliares. Este goberno non pon en marcha ningún tipo de medida para financiar e axudar aos asteleiros. Mentres outros países implicanse coa defensa do sector, buscando medidas e acaparando o mercado da construción naval, os nosos gobernantes dan a calada por resposta, non loitan para que os nosos asteleiros produzan en condicións de igualdade, non avalan as necesidades financeiras dos asteleiros, nunha palabra, non fan nada. Tendo en conta que, a devolución do tax lease, suporía para a Galiza a morte do sector naval, que, a súa vez, esto suporía a morte das empresas auxiliares e factorías e que esto, a súa vez suporía o peche de moito comercio e servizos e que esto, a súa vez sería a destrución do noso, non tes excusa: Acude a manifestación do vindeiro xoves 11, ás 19:30 na praza dos cabalos, DEFENDAMOLO NOSO, TODOS XUNTOS APOIEMOLO SECTOR NAVAL Non podemos consentir a destrución paulatina do noso país, dos nosos postos de traballo, da nosa dignidade como pobo ACUDE A MANIFESTACIÓN DEMOSTREMOS A NOSA FORZA XUNTOS PODEMOS
Posted on: Fri, 05 Jul 2013 08:39:45 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015