ROLDA DE PRENSA EN SANTIAGO Presentación da aprobación do .gal, - TopicsExpress



          

ROLDA DE PRENSA EN SANTIAGO Presentación da aprobación do .gal, o dominio para a lingua e a cultura galega 14/06/2013 Sábado, 15 de xuño de 2013 12:00 horas Claustro do I.E.S. Rosalía de Castro (Rúa San Clemente, 3, ao carón da Alameda) Santiago de Compostela A ICANN, o organismo internacional que goberna as direccións da Internet, comunicou este venres a aprobación da candidatura do dominio .gal, que servirá á comunidade lingüística e cultural galega. O presidente da Asociación puntoGAL, Manuel González González, presentará os detalles deste logro histórico conseguido grazas ao apoio unánime de toda a sociedade galega este sábado en rolda de prensa.
Posted on: Fri, 14 Jun 2013 21:28:58 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015