VI LIMPEZA SIMULTÁNEA. VOLTAMOS A MOLLARNOS POLOS RÍOS. O - TopicsExpress



          

VI LIMPEZA SIMULTÁNEA. VOLTAMOS A MOLLARNOS POLOS RÍOS. O domingo 29 de setembro, voluntarios/as de toda Galiza realizaron unha limpeza simultánea en 35 ríos do país. Este ano a limpeza desenvolveuse en 37 concellos e participaron un total de 44 entidades (asociacións, comunidades de montes, colectivos ecol oxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino...). As condicións meteorolóxicas non foron as máis propicias, polo que queremos agradecer especialmente o esforzo do voluntariado por saír a limpar o río. Calculamos que os residuos de todos os concellos suman perto de 10 Tn., sendo refugallos de todo tipo: plásticos, rodas de automóbil, paragolpes, cristais, vidro, asentos, uralita, roupa, calzado, tambores de lavadora, televisións, etc... Pódese consultar a crónica da xornada de limpeza na web do Proxecto Ríos, así como as fotos da xornada e un mapa onde aparecen os lugares onde se realizou a limpeza. https://plus.google/u/0/photos/111865464872554140092/albums/5929729890166877441#photos/111865464872554140092/albums/5929729890166877441 https://mapsengine.google/map/viewer?mid=zMKz6yaeWSDo.kBR4xcLgTWgI
Posted on: Wed, 02 Oct 2013 10:37:37 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015