Alternativa Galega de Esquerda denuncia que o novo recorte nos - TopicsExpress



          

Alternativa Galega de Esquerda denuncia que o novo recorte nos orzamentos afondan no ‘austericidio’ en Educación e Cultura. O deputado Ramón Vázquez acusa ao conselleiro de mentir, de proxectar novos repagamentos e de manter o gasto en concertos e profesores de relixión Alternativa Galega de Esquerda (AGE), a través do seu deputado Ramón Vázquez, denuncian que as contas da Consellaría de Educación e Cultura non fan máis ca afondar “no austericido en cultura e educación”. Vinte millóns de euros menos sitúan os orzamentos do departamento de Jesús Vázquez no seu nivel economicamente máis baixo dende 2004. “Un salto atrás de dez anos”, cualificouno o parlamentario de AGE esta mañá na comisión 3ª, na que comparece o conselleiro responsábel da desfeita sen precedentes do ensino público galego. “A Consellaría de Educación lidera o tesoirazo nos Orzamentos da Xunta para 2014”, expuxo Ramón Vázquez, “seguido de preto pola de Sanidade. Estes son os datos, por máis que repitan o mantra de que son uns ‘orzamentos sociais”. No quinquenio de goberno do señor Núñez, os cartos destinados a Educación reducíronse en 473 millóns de euros, “unha desfeita que pon en cuestión a viabilidade do sistema educativo público”. A agresiva estratexia do Partido Popular contra un dereito universal e básico –a educación pública, gratuíta e de calidade- cadra, como Alternativa Galega de Esquerda xa manifestou en diversas ocasións, coa intención da dereita encarnada por Núñez de producir cidadanía servil e obediente. O brutal ataque destes cinco anos, un 18% menos de orzamentos malia que Educación asumiu as competencias de Cultura, tamén afectou ao cadro de profesores: 1.250 menos que en 2009 aínda que os alumnos aumentaron en 6.386. Para 2014, a situación resúmese doadamente nas palabras desta mañá de Ramón Vázquez: “Practicamente todas as partidas descenden agás as sempre intocábeis dedicadas ao ensino concertado e mais á relixión”. O odio do PP nos ámbitos competenciais da Consellaría da Educación ten, con todo, obxectivos predilectos. A lingua galega é un deles. Baixo os gobernos de Feijóo, o galego sufriu o primeiro retroceso na escola de toda a autonomía e un Executivo autonómico lexislou, por primeira vez, en contra del. O orzamento da consellaría na materia para 2014 sintetiza ben a aposta da dereita españolista contra o idioma propio de Galicia: tres veces menos cartos que en 1993. Iso si, os centros escolares concertados recibirán o 11% do orzamento, cando en 2009 era o 8,9%. O repagamento nos comedores, unha medida que o responsábel do departamento negara unha vez e outra e acabou por aplicar, provocou que o deputado de Alternativa preguntase se, por tras do 1.600.000 euros recortados en transporte escolar, se agocha un vindeiro repagamento na materia. Na linguaxe invertida empregada polo Goberno do PP, os repagamentos non existen, por suposto. Pero o certo é que, despois de eliminar a gratuidade nos libros de texto, agora retiran 3.200.000 euros máis das axudas destinadas a que as familias os adquiran. Os orzamentos para a Consellaría de Educación e Cultura son os máis baixos en dez anos. “O único que fan estes números é situar o noso país en plena recesión educativa e cultural”, concluíu Ramón Vázquez.
Posted on: Mon, 04 Nov 2013 12:51:39 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015