Hoxe creouse certa polémica arredor dun cartaz da Muiñada de - TopicsExpress



          

Hoxe creouse certa polémica arredor dun cartaz da Muiñada de Amendo que foi pegado sobre un panel do escritor colombiano García Márquez. A concelleira do partido local IPdR Rosa García Pose amosouse moi indignada, pondo en cuestión a “cultura” desta asociación cultural. Deixando aparte que afortunadamente non existe ningún barómetro que determine o que é cultura e o que non o é, posto que a cultura é libre, temos que facer unha aclaración: - Ese cartaz non foi pegado por ningún membro de Altofalante nin da Asociación de Veciños de Carreira, coorganizadores da Muiñada. - En ningún caso podería ter sido así porque nós non temos acceso aos paneis municipais. - Para que se pegasen os nosos cartaces nos paneis solicitamos permiso no concello, concedéusenos, e finalmente entregámoslles os carteis para que fosen eles quen os pegasen onde consideraren. A responsabilidade non é, polo tanto, nosa. A nosa reflexión final é que este episodio serve para que todos nos decatemos do lamentábel que é ese tipo de actitude agresiva por parte de cargos públicos cara os colectivos que tentamos autoorganizarnos para facermos actividades coa xente. Os partidos políticos deberan estar, por moito que os cegue a súa ideoloxía, do lado da xente activa que tenta mobilizar a veciñanza e non contra ela. Rosa García Pose comentou “que cultura tienen algunas ”. Nós ante iso só podemos dicir “e que política fan algúns políticos!”. Nada máis, a todos os que queirades vir e gozar da festa e da cultura libremente, VÉMONOS MAÑÁ EN CARREIRA, NA MUIÑADA DE AMENDO!
Posted on: Fri, 05 Jul 2013 21:05:29 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015