Hoxe saímos a partir das 11 no TVG co obradoiro ExpresARTE ahí - TopicsExpress



          

Hoxe saímos a partir das 11 no TVG co obradoiro ExpresARTE ahí tamos co mellor equipo do mundo de didáctica de museos os meus compis da Rede Museística. : Tamara, Lucía, María , Raquel , Mendoza , Paula, Paquita,Angeles, Tar e Silvia hoxe .Luns 19 de Agosto toca.... EXPRESIÓN CORPORAL dentro do Programa ExpresARTE. Obxectivos ExpresARTE: • Dar continuidade aos Obradoiros de creatividade, ofrecendo ás familias unha alternativa cultural de ocio na época estival. • Fomentar a aprendizaxe integral: ser, coñecer, facer e convivir. • Incorporar as linguaxes expresivas e artísticas á práctica educativa co fin de aportar unha dimensión creativa e lúdica • Estimular nos participantes a capacidade artística e comunicativa a través de diversas áreas de expresión. • Integrar as novas tecnoloxías á metodoloxía de traballo. PROPOSTA DIDÁCTCA: Con esta proposta didáctica o que pretendemos é vivenciar procesos de expresión e de creación compartida a través de diversos enfoques de expresión e estratexias de creatividade. Os luns están centrados na área de expresión corporal que parte das posibilidades comunicativas e expresivas do noso corpo de maneira creativa. Para isto partimos do nos corpo físico en contacto cos nosos procesos internos a nivel de sensación, emocións e vivencias co fin de construír unha linguaxe corporal creativa que nos permita comunicarnos co noso entorno e cos compañeiros e compañeiras cos que compartimos espazo e tempo, para coñecernos mellor e expresarnos sen ningún tipo de prexuízo. Cada persoa ten unha maneira diferente de comunicarse, de expresarse, de moverse, ou simplemente de estar; unha maneira que o define. A través da linguaxe corporal coñecemos persoalmente, expresámonos, relacionámonos co noso entorno sociocultural, coñecémonos e dámonos a coñecer.. Obradoiro de Expresión Corporal. A expresión corporal é unha das formas de comunicación máis antigas do ser humano, anterior á linguaxe falado ou escrito. A través do noso corpo somos capaces de expresar as nosas emocións e pensamentos, constituíndose como unha ferramenta intrínseca que nos comunica e conecta cos demais e co medio no que nos inxerimos. A área de “Linguaxe corporal: comunicación, expresión e representación” ten como finalidade poñer en contacto aos nenos e nenas participantes co mundo que lles rodeo. A través da linguaxe corporal unha persoa pode comunicarse cos demais e expresar os seus sentimentos; así como coñecer os sentimentos dos demais e as súas opinións. Doutra bando é unha excelente oportunidade para entender e entrar en contacto con todo un universo de sinais que cobran significado e ábrenselle novas posibilidade de interpretar e coñecer o seu entorno e comunicarse mellor con el. O obradoiro desenvolverase na sala do museo dedicada ao retratos. Un xénero pictórico que engloba e resume perfectamente a linguaxe corporal en relación co seu contexto sociocultural da época. Sabíades que cando non existían as cámaras de fotos, nin os teléfonosmóbiles, a xente que quería ter un retrato seu chamaba a un artista para que llo pintara? Cada persoa posaba para o artista. Ao principio os retratos realizábanse só do rostro, e polo xeral as persoas retratadas non transmitían moitas emocións. So querían conservar unha imaxe de xuventude, ou mostrar o seu estatus social. A medida que avanza o tempo, os retratos van ampliando o foco de atención e as persoas xa son retratadas de corpo enteiro, e incluso se van introducindo elementos decorativos (mobiliario de casa, obxectos persoais, escudos heráldicos, etc), de maneira que se van transformando en retratos máis íntimos a través dos cales podemos descubrir máis información da persoa retratada. Os artistas buscan así captar e expresar as emocións e sentimentos das persoas a través das obras. A evolución do retrato chega ata o autorretrato onde o artista expresa o seu propio mundo interior e coa súa mirada desafía ao espectador a que dialogue con el. Nesta evolución histórica o autorretrato amplía as súas marxes e no propio cadro o artista sitúase no seu obradoiro, rodeado de elementos que definen mellor a súa personalidade, as súas experiencias e viaxes vitais, os seus gustos e ata os seus temores. Nesta sala do museo atopamos retratos moi diferentes. Os artistas se fixan nas mans, o rostro e a postura do corpo para representar sentimentos. ACTIVIDADES DINÁMICAS EN SALA. 1. Presentación Grupal. Efecto dominó. Colocámonos en circulo. Por quenda, cada participante ten que facer un xesto e dun en un os compañeiros repetilo ata que remate nel. 2. Somos camaleóns: Os camaleóns son animais que imitan todo o que ven..... imos a converternos en.... - plumas... coidado que fai moito vento e a pluma movese para todos os lados. - somos unha bola de xeado de chocolate, pero coidado, vai tanto calor que nos empezamos a derreter ata caer o chan e converternos en líquido. -somos un globo inchado que está voando, coidado ese globo parece que se enganchou a rama dunha árbore e se está desinchando. Nos poñen un parche e nos volvemos a inchar, tanto, tanto, tanto, que , explotamos! -Somos un robot mecanico. Movémos todas as partes,: brazos, cabeza, pernas..... movemos tanto que nos empezamos a quedar sen pilas e agora os nosos movementos son máis lentos, cada vez máis lentos..... ata que nos apagamos. -Somos formigas traballando, imos en fila unha detrás doutra. -Agora tedes que facer o contrario do que eu vos diga: quedadevos quietos, levantade a man dereita, a esquerda, agachadevos, andade cara diante, etc. 3. Non vexo. Esquema corporal. Un se coloca na posición que queira e o compañeiro ten que dicir que partes do corpo non ve (por parellas). 4. O espello.: Colocámonos por parellas, un fronte a outro como un espello. Por quendas imos realizando movementos (lentos, simples e continuo) e o compañeiro ten que reproducilo simultáneamente. Cámbianse os papeis. Para avanzar no xogo, imos a contar una historia. Temos que expresar mediante o corpo o que fixemos hoxe pola mañá ata chegar ao museo (dende que nos despertamos). A parella ten que adiviñar os nosos xestos e repetilos. 5. Somos Estatuas. Por parellas, un fronte a outro. Un colocase coma se fora un bloque de barro e o outro é o escultor colocando o compañeiro na posición que queira. A estatua ten que adiviñar que representa. Cámbianse os papeis. Repetimos o xogo pero esta vez a estatua ten que manter os ollos pechados e sentindo a súa posición explicar en qué posición está e que pode representar. 6. Retratos cambiantes. O grupo colócase para facerse una foto diante da/o fotógrafa/o. A cámara estropeouse e o fotógrafo pecha os ollos. Dúas ou tres persoas do grupo cambian de posición, mentres o resto quedan quietos como estatuas. O fotógrafo ao abrir os ollos ten que adiviñar quen se moveu. Obradoiro de Expresión corporal-Plástica: Os Taumatropos. Para o obradoiro a actividade proposta é a creación do noso Taumatropo, como escusa para falar da produción narrativa a través de expresións en movemento e que ten neste xoguete inventado por John Aytron Paris en 1824 un dos elementos precursores do cinema.
Posted on: Mon, 19 Aug 2013 08:55:29 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015