Máis un PREMIO para “As silenciadas”, un recoñecemento para - TopicsExpress



          

Máis un PREMIO para “As silenciadas”, un recoñecemento para a historia das nosas guerrilleiras que durante seis meses competiron con 1054 documentarios no Festival Internacional de Cine Documental online Culture Unplugged Festival (India | USA | Indonesia | New Zealand). Dos cinco premiados, quedamos en segundo lugar e levamos o premio “Popular (runner up)”: cultureunplugged/documentaryfestival/watch-online/festival/previousWinners.php Grazas, de corazón, a tantas e tantos feisbukeiros que compartiron, votaron, espallaron entre as amizades… Grazas tamén ao compositor da banda sonora, Pilo Sierra, por esa performance vídeo-musical, inspirada nunha das historias do noso documentario e estreada, con Lar Legido, no Café-Teatro Garigolo de Santiago o pasado 20 de abril. E non esquezo a pintora Viki Rivadulla polo seu fermoso cadro “Silenciada”, elaborado despois do visionado do documentario en Muxía, en marzo de 2012.
Posted on: Mon, 17 Jun 2013 12:31:11 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015