O Obra xa carbura O campión galo, a fase final da Copa Galicia, - TopicsExpress



          

O Obra xa carbura O campión galo, a fase final da Copa Galicia, Real Madrid, Lagun Aro e Fuenlabrada serán os encontros de preparación do equipo de Moncho Fernández na pretempada. Por gcdeportes | Compostela | 29/08/2013 O Obra xa adestra para o novo curso. Só seis xogadores do primeiro equipo están polo de agora ás ordes de Moncho Fernández: o capitán Oriol Junyent, o pivote Micky Stobart, os aleiros Corbacho e Dewar, e os bases Iñaki Sanz e Vasili Xianthopoulos. O resto do plantel encóntrase concentrado coas súas seleccións, salvo Mike Muscala, que chegará na segunda semana de setembro. Rafa Luz (Brasil) e Durand Scott (Xamaica) disputarán o FIBA da América, mentres que Dellas e Pumprla xogarán o Europeo con Croacia e a República Checa. Para paliar estas baixas, o equipo suma catro xogadores nos adestramentos. O pivote Mbagne Diatta Diop, recente fichaxe que xogará cedido no Conservas Cambados da LEB Prata; Jaime Cabo, base de case 1.90 m do equipo xuvenil; Alfonso Mayo, del Rosalía; e o base australiano Matthew Adekponya, que busca acomodo en Europa, formarán parte das sesións preparatorias mentres se incorpora o resto do equipo. Catro amigables e a Copa Galicia A mediados de setembro, inciaranse os encontros preparatorios do cadro compostelán. O día 18 viaxará a París para medirse co campión francés, o Jeunesse Sportive deas Fontenelles de Nanterre, no polideportivo Palais des Sports Maurice Thorez. O sábado 21, o Obra disputará a primeira semifinal da Copa Galicia fronte ao vencedor do Conservas Cambados e o Club Ourense Baloncesto. O gañador xogará o domingo ás 12.30 contra o que saia vitorioso do dó entre o Leyma Coruña e o clasificado do choque previo entre o Marín Peixegalego e o C.B. Breogán. Unha semana despois, o 28, o actual campión da Liga Endesa, o Real Madrid, visitará Fontes do Sar para un encontro que será a presentación oficial do equipo, e no que se homenaxeará as vítimas e voluntarios do accidente de Angrois. Dez días antes do comezo ligueiro, o 2 de outubro, o conxunto que dirixe o alquimista verá as caras co Lagun Aro en Rianxo, co gallo do l Trofeo de Baloncesto Asociación da Prensa de Santiago de Compostela. E rematará o 6 de outubro frente ao Fuenlabrada en O Porriño. Artigo de José A. Santoveña
Posted on: Thu, 29 Aug 2013 20:21:53 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015