SETEMBRO DO 2013 Actividades Verán 2013 Aula da Natureza do río - TopicsExpress



          

SETEMBRO DO 2013 Actividades Verán 2013 Aula da Natureza do río Miño É importante concienciar os nenos da importancia da conservación do medio ambiente e da directa implicación deste na nosa vida e saúde como parte integrante que somos del. Coñecer, gozar e defender o noso ambiente máis próximo son as liñas xerais que traballamos a través das distintas actividades que se levan a cabo no mes de xullo e agosto na Aula da Natureza, situada no paseo fluvial de Oira. Estas actividades van dende a flora e fauna propia da nosa provincia ata actividades de reciclaxe, pasando pola importancia da pesca, da astronomía, da orientación, do cambio climático, da xardinería... e moitas actividades máis que se mencionan no programa de actividades que detallamos máis adiante. OS OBXECTIVOS que se pretenden son os seguintes: 1-Coñecer, gozar e defender o noso contorno natural: flora, fauna e aspectos de xardinería, estendendo as posibilidades de uso ás actividades cotiáns. 2-Aprender a utilizar e dar unha segunda vida a materiais que son reutilizables. 3-Concienciar da necesidade de realizar reciclaxe. 4-Gozar do contorno e comprender a oferta lúdica que representa, ademais de fomentar o respecto mutuo e a convivencia no desenvolvemento das actividades. 5-Posibilitar un comportamento cotián acorde coa postura de defensa e recuperación do equilibrio ecolóxico. 6-Fomentar diversos xogos populares. 7-Coñecer a importancia da auga para a vida, a saúde e o desenvolvemento. 8-Concienciar do cambio climático. 9-Conciliar a vida familiar e a vida laboral. 10-Fomentar actitudes de compañeirismo entre os nenos e nenas que acoden á aula. DESCRICIÓN: Actividades de VERÁN. SETEMBRO DO 2013. Luns , 2 de setembro. MAÑA 10:00 A 13:00 10:00 a 11:30 Presentación da Aula da natureza do río Miño. Persoal da Concellería de Educación. Concello de Ourense. 11:30 a 12:00 Almorzo 12:00 a 13:00 Limpeza dos xogos do parque infantil Persoal da Concellería de Educación. Concello de Ourense. TARDE 16:30 A 19:30 16:30 A 17:30 Obradoiro. Persoal da Concelleria de Educación. Concello de Ourense. 17:30 a 18:00 Merenda 18:00 a 19:30 Xogos ambientais Persoal da Concelleria de Educación. Concello de Ourense. Martes 3, de setembro. MAÑA 10:00 A 13:00 10:00 a 11:30 Hortos / Coñece as plantas. Persoal da Concelleria de Educación. Concello de Ourense. 11:30 a 12:00 Almorzo 12:00 a 13:00 Hortos / Coñece as plantas. Persoal da Concelleria de Educación. Concello de Ourense. TARDE 16:30 A 19:30 16:30 A 17:30 Obradoiro. Persoal da Concelleria de Educación. Concello de Ourense. 17:30 a 18:00 Merenda 18:00 a 19:30 Xogos ambientais Persoal da Concelleria de Educación. Concello de Ourense. Mercores 4, de setembro. MAÑA 10:00 A 13:00 10:00 A 11:30 Bicicletas, reparación 11:30 a 12:00 Merenda 12:00 a 13:00 Bicicletas, reparación TARDE 16:30 A 19:30 16:30 A 17:30 Obradoiro. Persoal da Concelleria de Educación. Concello de Ourense. 17:30 a 18:00 Merenda 18:00 a 19:30 Xogos ambientais Persoal da Concelleria de Educación. Concello de Ourense. Xoves 5, de setembro. MAÑA 10:00 A 13:00 10:00 a 13:00 Reciclaxe 11:30 a 12:00 Merenda. 12:00 a 13:00 Reciclaxe TARDE 16:30 A 19:30 16:30 A 17:30 Obradoiro. Contenedor azul Persoal da Concelleria de Educación. Concello de Ourense. 17:30 a 18:00 Merenda 18:00 a 19:30 Xogos ambientais Persoal da Concelleria de Educación. Concello de Ourense. Venres 6, de setembro. MAÑA 10:00 A 13:00 10:00 A 11:30 Actividades de voluntariado do Concello de Ourense 11:30 a 12:00 Almorzo 12:00 a 13:00 Actividades de voluntariado do Concello de Ourense TARDE 16:30 A 19:30 16:30 A 17:30 Obradoiro. Persoal da Concelleria de Educación. Concello de Ourense. 17:30 a 18:00 Merenda 18:00 a 19:30 Xogos ambientais Persoal da Concelleria de Educación. Concello de Ourense.
Posted on: Fri, 30 Aug 2013 16:39:02 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015