Vila de Cruces (Pontevedra) San Salvador de Camanzo mans erguidas - TopicsExpress



          

Vila de Cruces (Pontevedra) San Salvador de Camanzo mans erguidas en oración e a imaxe en pedra do san Salvador no alto, coroado e barbado, dando a bendición coa man dereita, mentres sostén na esquerda o rolo da lei. No interior, destaca a bóveda de canón que cobre a ábsida central, con pinturas murais do século XVI. Do antigo mosteiro permanecen, ademais da igrexa, tres arcadas da antiga sala capitular. Unha porta aberta na fachada norte con reminiscencias visigóticas e decorada no alto cun agnus dei conducía ás antigas dependencias do mosteiro. Na actualidade, a porta dá acceso a un fermoso patio no se que se conserva unha parra de máis de trescentos anos de antigüidade. Tamén se conserva o antigo lagar de pedra e madeira onde as monxas prensaban as uvas para faceren o viño. A Xunta de Galicia abordou a súa restauración máis recente, rematada en setembro de 2012, que se centrou na cuberta da igrexa e no acondicionamento das estruturas do patio interior. Domingo 8 de setembro, 20.00 h >> Il Combattimento CONCERTO INAUGURAL San Salvador de Camanzo é un antigo mosteiro medieval situado na aldea do mesmo nome, en Vila de Cruces (Pontevedra), nun alto sobre o val do Ulla. Foi un cenobio erixido no século X polos condes de Deza, fundadores tamén de Carboeiro, sobre unha antiga igrexa prerrománica. Nun principio, foi mosteiro de monxes e, posteriormente, de monxas bieitas. En 1115, o mosteiro pasou a formar parte da igrexa compostelá por doazón de dona Urraca. Ademais dos privilexios que o arcebispo Xelmírez lles cedeu aos monxes de Camanzo polas atencións que lle prestaran durante o seu confinamento no castelo de Cira, en Silleda, o mosteiro foi obxecto doutras importantes doazóns por parte de señores de Galicia, polo cal chegou a acadar unha certa importancia na súa época. En 1516, convertido xa en convento de monxas bieitas, foi incorporado ao mosteiro compostelán de San Paio de Antealtares e disque alí se recollían as monxas santiaguesas en tempo de peste e de invasións. A igrexa conserva a planta basilical primitiva con tres naves e tres ábsidas circulares. A fachada principal foi reconstruída e eliminá
Posted on: Sun, 01 Sep 2013 12:54:04 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015